lunes, 18 de diciembre de 2017

As mulleres de Anna

*Coloquio sobre as fotos de Anna Turbau "Galicia 1975-79"  no Consello da Cultura Galega
Interviñeron, ademais da fotógrafa, Margarita Ledo,Cristina Zelich,César Portela e Natalia Poncela

*Para unha primeira ollada das fotos da Transición preme en horchataenlasvenas.blogspot.com/2017/10/la-transicion-en-galicia.html


   A obra de Turbau foxe do snobismo,oportunismo e as modas.Doou o seu álbum por puro altruísmo. Só un rogo. “As novas xeracións mirade ao pasado que hai moito que aprender”.

   A fotografía era perigosa nunha época con moito dramatismo. “Galicia estaba pechada e perdida no tempo,sumida nun oscurantismo brutal”.Cando marchou no79 xa non traballaba a pracer polas presións policiais.“Galicia é o país do meu corazón.Se o digo noutro sitio mátanme”.

   “Non son artista, son fotógrafa”. Algo semellante dicía Oliviero Toscani, responsable de moitas campañas de Benetton. Afirmaba que non era fótografo.El facía fotos.Enfatizaba a construción. Introducía na publicidade o peor da realidade. Ata que se armou polémica coas imaxes do corredor da morte en Estados Unidos.

   O traballo de Turbau transformouna. “A miña aprendizaxe como persoa foi en Galicia. Veño dunha familia con moito silencio político. Aquí puiden definirme” sentencia a catalana. Segundo Margarita Ledo esta actitude responde a ética da alteridade que postulaba Emmanuel Levinas. Unha teoría que contradice a doutrina cartesiana.

 

   Cristina Zelich comenta que Turbau pertenceu a unha xeración de autores que era menos humanista que os que os precederon.   Achéganse a realidades rurais, tradicións e mitos. Son os casos de Cristina García Rodero, Koldo Chamorro, Ramón Zabalza, Fernando Herráez e Cristóbal Hara. A propia Zelich foi comisaria dunha exposición deles,  “Tan lejos, tan cerca”.
   Encarna Otero agradece a xenerosidade de Anna, “algo que caracteriza ás mulleres”. A historiadora cre que as súas imaxes contradicen un discurso erróneo que moitos interiorizaron.

    O seu obxectivo buscaba ás mulleres. Estaban en contextos duros, en estado de abandono. A ela, que viña de Barcelona, chocáballe que estivesen sempre soas no rural. Veulle á cabeza a imaxe dunha vella totalmente dobrada levando un carro de bois. “Facía as fotos e quedaba calada. Era unha cuestión de respecto” .

   Cunha clara vontade de achegarse ás mariscadoras.Coas costas encorvadas e con enfermidades derivadas desas tarefas no mar que non foron recoñecidas. Recibían paus da Garda Civil e máis dos seus maridos.  Pouco valoradas cando aportaron moitos cartos ós intermediarios.

   Cando construiron a Autopista do Atlántico, a AP9, empregaron a escala 1: 5000. Por tanto as máquinas comenzaron a traballar sen saber que encontrarían.  A loita veciñal conseguiu deter dous anos a obra. Lograron alomenos que respectaran as canles de auga. Unha navallada á nosa terra foi un documental de Lorenzo Soler que falaba de como Galicia quedou cortada. Debías andar varios kilómetros para chegar ás leiras que tiñas ó lado.

   César Portela coñeceuna en Cataluña.“Anna e Lorenzo entraron na miña vida como un agasallo hai 40 anos”. Dorita Riestra encargáralle a Portela a construción das vivendas para os xitanos de O Vao. Estaban en fase de integración. “Non eran uns clientes comúns”. O arquitecto non recibía honorarios “para pagalo aluguer” e aínda tivo que pedir diñeiro ós contratistas. Funcionaban como tribu pero cada unha das familias, que contaban con ata doce fillos, quería ter o seu propio fogar.  Axudaron a construir eles, incluso os nenos. A condición do cura era que os cativos tiñan que ir ó colexio.  A comunidade disfrutaba tocando a guitarra e tomando café, “que era como chocolate; non durmías nunha semana”.


   Quen mellor co lerezano para debater sobre o lar. Habitamos tres casas. O noso corpo é a primeira. A casa familiar, onde nacen os nosos fillos e morren os nosos pais e quizá nós tamén. A terceira é a casa social, é dicir, a aldea, vila ou barrio. Poderiamos incluir aínda dúas máis. O mundo e, cando o destruamos, o universo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario