jueves, 2 de noviembre de 2017

O Ben e o Mal

*Conferencia de Xosé Ramón Mariño Ferro
no Ateneo de Santiago (30-X-2017)

   O antropólogo ten que marchar axiña para collelo camiño de ferro. Fixo un traballo de campo sobre os quechuas en Bolivia. Estudou os lobishomes, sobre todo o caso concreto de Romasanta. Tamén ten produción en literatura infantoxuvenil. Hoxe fala de meigas. Habelas hainas! 

   Ós que creron en bruxas acusáronos de ignorantes. Todos temos a mesma capacidade. Non hai razas nin seres inferiores. O menosprezo á cultura popular provén da Ilustración. “Foron eles os miopes e sesgados por intereses clasistas”.  Os labregos cando cultivan trigo e os mariñeiros cando pescan con nasa son racionais. Tamén cando cren nas meigas.

   “Vou falar das malas que voan,non das curandeiras”.As galegas son iguais que as demais.Toda Europa cría nelas. Xa na Antiga Grecia son vellas, visten de negro e teñen cabelo despeluxado; nesa mitoloxía a vellez, enfermidade e morte son restos do Caos. Nas iconas de Oriente seguen moito tempo cos temas que acó había no Medievo; a persecución alá será máis serodia.

   O cristianismo tradicional procede fundamentalmente de dúas fontes: Israel e a Biblia e, por otra banda, o paganismo. Trátase dunha relixión dualista. A bruxa é unha mala persoa, unha copia de Satán creada por Deus. O enfrentamento entre a Divindade e o Mal procede do capítulo XII do Apocalipsis. Hai unha representación común de San Miguel asasinando ó Demo.
   O Diaño aparece no chan ou inferno e a deidade no aire. Ambos son intelixentes. O bo ten luz nos ollos;se o representan con sete asóciase á omnisciencia.Ambos gozan de marcas de poder: coroa, cetro ou trono. Ás veces teñen asociado un león ou un aguia. O Diabro ten cornos, símbolo de defensa, pero Cristo tamén os pode ter. Coma os gorros dos mandatarios venecianos.
   Cachán vive nun aire en pecado. Como as bruxas soen ser anciáns, caducos e próximos á morte.  Andan de noite, entre tebras. Enganan, tentan e se disfrazan de frade, Xesús ou virxe.


   Deus é branco e puro.  Está á dereita. O Demo colócase á esquerda e ás veces é manco ou cojuelo.É peludo pois iso se vincula á enfermidade e porcallada. En moitas imaxes adopta a forma feminina e ten peitos. Miguel Anxo foi un dos artistas que fusionou muller e serpe. O Demoño pode encarnarse nun macho cabrío. Ou noutros animais negros,nocturnos e luxuriosos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario