*Primeira ponencia das Xornadas de Igualdade de Xénero de Ames (16-XI -2017)
Ana Torres Jack
gañou o combate. A princesa rosa e o guerreiro azul pediron clemencia.
As mulleres ,a
pesar de incorporarse ao mercado laboral, adican dúas horas máis ás tarefas do
fogar. Tamén asumen máis responsabilidades no coidado de persoas dependentes. Nun
mesmo posto de traballo, especialmente nos máis cualificados, elas cobran ata
un 24% menos.
As expectativas
desde o nacemento son ben distintas. No cuarto das nenas, cun amplo fondo de
armario, poñemos espellos dando a entender que a imaxe é importante; nas
habitacións deles temáticas de acción e os facemos socios dun clube de fútbol.
Facemos o buraco na orella das rapazas aínda que lle doa porque “para estar
guapa hai que sufrir”.
A mercadotecnia dos
xoguetes está dicotomizada.Tutús,maquillaxe e elementos para o coidado para as
femias. Balóns,coches,superheroes e xogos de inxenio e construción para os
varóns.
Hai
hipersensualización da infancia por exemplo na publicidade. Acaba por acortarse
este período.Venden suxeitadores con recheo para nenas de oito anos.Asóciase a
beleza con artificiosidade. Nas beaty
partys fan peiteados,as cellas,a manicura...No desfile os pais elixen as
raíñas.
As películas para
adolescentes e Disney transmiten valores inadecudados. Son celosas. Sálvanas
cun bico… Amelia Varcácel dicía que
estaban sometidas á Lei do Agrado. “E
case imposible ver unha presentadora de pelo cano. Algunhas entrevistas de
Pablo Motos son noxentas”. Os estereotipos dos videoxogos son perigosos.Elas
van en bikini e son case decorado de fondo.
As letras de reggaeton están cheas de violencia e machismo. Elas son un
mero obxecto sexual.
A cuarta verba máis
tecleada polos adolescentes é sexo e a sexta pornografía. Este xénero, con clixés como a muller sumisa
e indefensa, crea fantasías nas persoas que rematarán en frustacións e
decepcións. Neste eido o sexo está disociado da tenrura e afectividade.
“Vexo retrocesos,
sobre todo na adolescencia, na igualdade entre homes e mulleres ”. Nas
relacións de parella as estatísticas meten medo. Un 73% cren que os celos son unha expresión
de amor. O 60% recibiu insultos por parte da súa parella. Xulgaron a 162
menores por violencia machista no ano 2016. Abundan os casos de control no teléfono
móbil, no xeito de vestir… Un estudo
demostrou que as nenas a partir dos seis anos cren que son menos intelixentes
ca eles. Moitas mozas acaban facéndose cortes en muslos e brazos por mor do
sufrimento.
A familia ten que
previr estas desigualdades. Os micromachismos están presentes. Hai quen di que
o perfil do maltratador é “un home, varón e de sexo masculino”. Calquera.
Hai estratexias
para educar en igualdade. Os pais deben ser figuras de referencia. Nunca
ambivalentes. Combatamos o sobreesforzo das mulleres que merma o seu tempo de
lecer. Merquemos xoguetes non sexistas. Inscribamos os cativos en deportes sen
estereotipos. Fomentemos un pensamento
crítico e reflexivo. Darlle valor a educación emocional. Non podemos formar
nenas pasivas e nenos agresivos senón empoderalas. Non se pode deixar a
educación sexual só en mans de terceiros.
Avanzamos moito. “A
miña avoa quería ser a primeira de A Coruña en sácalo carné de conducir pero
tivo que pedirlle permiso o seu home e por iso non o logrou”.Pero queda moito
camiño. Coa meninxite morre menos xente que co machismo. Van 908 mulleres asasinadas polas súas
parellas ou antigas parellas nos últimos quince anos; na última década mataron
a 45 nenos. “Aí é onde tempos que poñer a vacina”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario