*Carme Vidal fala no Nexos da Cidade da Cultura da vida libertaria da viveirense
*Conmemoración do Día das Artes Galegas (1-4-2017)
*Conmemoración do Día das Artes Galegas (1-4-2017)
Carme Vidal vai na
procura de mulleres sorpresa. Equipara a pegada de Mallo á da sombranceira
actriz María Casares, á traductora Amparo Alvajar ou á xornalista María Luz
Morales.
Foron sonadas as
entrevistas que lle fixeron Joaquín Soler e Paloma Chamorro cando xa era vella;
forxaron a lenda de muller extravagante, esotérica e irreverente. “Fodín tanto
e con tantas persoas que os nomes se me amorean na memoria”. Ía pintada de máis
e con roupa de moitas cores. Cadraba ben coa Movida Madrileña que precisaba de iconas. Os que non a coñecían
creron que fabulaba cun pasado esplendoroso. Era tan libre que molestaba.
Houbo proxectos para
recuperala súa memoria. Shirley Mangini escribiu Las modernas de Madrid. Luis Seoane afirmou que chegaría un momento
que se desconxelaría a súa figura silenciada polo franquismo e o exilio.
A viveirense
afíncase en Madrid cando era unha festa. Una sociedade entusiasta que quería
mudar o status quo. Fórmase na Academia de Artes de San
Fernando.Era a única muller que ía sen acompañante. Introdúcese na atmosfera
dos barrios. Saía de noite con Lorca, Buñuel, Benjamín Palencia ou Salvador
Dalí. Rompía así as barreiras que limitaban ás mulleres. Mallo laiábase de
que “o colexio nos condicionaba a ser
hipócratas”. A acuarela Sueños Sonámbulos
de Dalí amosa o ambiente destas veladas. Por influxo da Escuela de Vallecas retatou ata cloacas.
Nos anos vinte e
trinta convertiuse nunha das primeiras sinsombreiristas; por isa irreverencia lle guindaban pedras cando
paseaba pola Porta do Sol. Formou parte da Cofradía da Perdiz. Hai unha lenda
que di que conseguiu acceder ó Monasterio de Silos,vedado ás mulleres, facendo
uso do travestismo. Maruxa, que amosa a
súa paixón polo deporte en varias obras, entrou na Igrexa de Arévalo montada
nunha bicicleta.
Mantivo con Alberti
unha relación amorosa da que non queda rastro nas memorias do poeta. Porén, as
súas creacións entraron en comunicación. Non só foi musa e amante de Miguel
Hernández senón que as súas obras mantiveron unha especial simbiose.
Ramón Gómez de la
Serna alcumábaa “cousiña nova que viña do Norte”. Ernesto Giménez Caballero, que logo
abrazaría o fascismo, dicía que era un pésimo exemplo para a mocidade. Foi a
primeira muller en expor na Revista
Occidente do pope Ortega y Gasset.
Marchou a París
para formarse en teatro e escenografía. Triunfou. Ata coa aprobación de André
Bretón. Retorna porque quería participar nunha arte nova ó servizo da sociedade.
Regresa a Galicia.
Atopábase en Bueu cando estala o
Levantamento Militar. Alí forxara un interesante círculo de amizades, entre
eles se atopa o sindicalista trotskista Alberto Fernández Martínez, que era
amigo de Granell. Ela ten que exiliarse. Hai quen di que non foi obrigada pero
confesou que pasou medo. Marchou a América vía Lisboa. É ben recibida. Dende o
exilio, en 1938, envía unha carta a La
Vanguardia. O retrato veraz do que sucedía en Galicia. Cita os
represaliados Alexandre Bóveda e o xornalista Carballeira. O seu anfitrión nas
Indias foi Neruda, co que xa trabara amizade en Madrid. Maruja reside en Bos Aires pero viaxa por
moitos países. Chile apórtalle unha enerxía especial.
Tras vintecinco
anos no exilio retorna a Madrid no anos sesenta. A cidade xa non era a súa. “Os
meus amigos están enterrados ou desterrados.Eu soa no Hotel Palace. As galerías
cheas de pintura informalista que é un estilo totalmente franquista”.
Tan silenciada
fora, tan borrada, que cando expón na Galería Citania alá por 1980 non se
atopaba ninguén para presentar a súa obra na cidade universitaria. Tivo que ser
Ramón Piñeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario