martes, 2 de febrero de 2016

O parque de Belvís

Gracias ao percorrido organizado polo
Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (30-1-2016)
  
   Fóra da zona vella hai dous barrios que conservan a súa personalidade rústica de sempre, San Pedro e Sar. Os que delimitan Belvís.O camiño que viña a carón dese río fora calzada romana e estivo moitos séculos en voga porque por alí viña o aceite de Castela e outras mercadurías.

   Por detrás do CIAC inda poden observarse os edificios da antiga curtidoría de San Nicolás; montouna o salmantino Huidobro e logo a adquiriu Harguindey. Traían peles desde a Praza do Matadoiro pero incluso tamén de Buenos Aires. Tamén precisaban cortiza de carballo pois os seus pos conteñen taninos, que consiguen que as peles gañen en cor e non se descompoñan. No XVIII, século no que Compostela non estaba no seu esplendor,cobraron pulo estos negocios na cidade. Houbo ata trinta distintas, a maioría en mans dos vascofranceses. Sempre cerca de cursos de auga.  A curtidoría da que falamos no XIX convírtese en fábrica de gaseosas.

   A finais do XIV construiuse o convento dominico de Santa María de Belvís. No XVIII experimentou unha remodelación a cargo de Casas y Novoa. Os monxes cederon terreos ós veciños para que os traballasen. Na actualidade aínda funciona o torno para vender pastas.

   O Seminario Menor da Asunción leva nese emplazamento desde os anos cincuenta, época do Cardenal Quiroga Palacios. Primeiro estivo no edificio de San Clemente, actual Instituto Rosalía de Castro, logo no mosteiro benedictino de San Martín Pinario e mesmo en San Roque.

   O labirinto é de camelias, que florecen agora no inverno. Esta planta procede do Xapón e chegou por Inglaterra e Portugal. As primeiras de Galicia quizáis son as de Castrelos. Danse ben aquí porque prosperan en solos ácidos e con humus e con climas ateigados de brumas e néboas. As louvaron Pondal, Cunqueiro e Rosalía. Por baixo transcurre  o regato do Cancelón que viña canalizado polo val, un auténtico foxo no centro de Santiago.

   As hortas de Belvís son o exemplo dos novos usos do parque. O concello as arrenda ós veciños, con prioridade para xubilados e xente dos arredores. Unha idea fantástica para crear comunidade e para transmitir o saber do campo por vía oral.  Deben cultivar en ecolóxico e sen pesticidas. Faise compostaxe con fertilizantes orgánicos. Desde xeito se activa o consumo local e ó aforrar en transporte diminuen as emisións de dióxido de carbono. Contan con agua da billa clorada e cun caseto para gardar os apeiros que xa sufriu algún acto de sabotaxe.

   Ademais da praza de abastos, había antano múltiples mercados. Casi un en cada porta como o de Mazarelos.  Os martes á tarde, máis cedo en inverno, móntase o de Lusco e Fusco que se sustenta na equidade para non ser unha economía feble. Tamén conta con artesáns.

   No parque, cuia superficie total acada os 74.000 metros cadrados, tamén  hai espazo para as manifestacións artísticas. Son obras seleccionadas dos alumnos do Mestre Mateo. A man que abraza, o home que fuxe ou o que se esforza.   No portalón de madeira que delimita a parte este do parque hai glicinias en lugar de vide. Unha toupa morta espera sepultura baixo terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario