Ritmo!
Podo facer máis unha cousa
Non hai recuncho para a reflexión
Cada check aporta a satisfacción do deber cumprido
e a ansiedade de correr para non perdelo tren; bule pois se chegas tarde caes do vagón das oportunidades
e agardas por non ir a ningures
Ás veces a existencia
é tan terrible que invade toda a vida
Mind the gap!!
Se chegas cando as portas se frotan
a dopamina flúe polas veas
Quero máis. Unha foto, unha nova, unha cara coñecida, un titular xocoso, un "estou dacordo contigo". Un poema, un baile. Un plan de guerra
Súo, enfermo. O corpo grita "Basta!"
Stop. As agullas van cargadas de cemento,
os pulmóns de cinza
O pixama vira en uniforme
As pingas petan no vidro e iso só te relaxa a ti
Non mollos, non paseos, non amigos, non bicos
Asegúrocho,
se me deses as túas unllas
cravaríaas tamén no peito
No hay comentarios:
Publicar un comentario