Coa violencia latente de Dhogs e os seres primitivos de A Esmorga. As contas pendentes de Fago e Puerto Hurraco. As falcatruadas automovilísticas nos carreiros son un relato salvaxe. Sorogoyen propón un duelo a garrotazos,unha pintura moura de Goya. As desacougantes pingas de tensión sempre van a máis. Aloitadores dispostos a zanxar as diferenzas na lama do curro. I can´t breath.
O diñeiro das eólicas é un flotador para fuxir da escrava vida no campo. Pero se algún vota en contra convírtese en inimigo. Acó todo se sabe. A falta de biblioteca a taberna, O Bar de Eusebio, é o punto neurálxico da sociabilidade, imprescindible para que o pobo non se desangre aínda máis. Un espazo para discutir os problemas con moita testosterona,degustar tapas felinas e o xogar ó dominó.
Dous irmáns temerarios. Xa collecemos a capacidade de Víctor Zahera para armar personaxes rancorosos a piques de estourar. Case da máis medo cando fala baixiño. Xa se rifan en Madrid a mirada salvaxe de Diego Anido. Flota no ar unha xustificación,non teñen alma porque non puideron estudar, viaxar… Teñen unha nai curtida que os protexe pero están ávidos dunha muller que os domestique.
¿Caese nun estereotipo moi pexorativo sobre os galegos? Cun rural onde a vinganza medra máis cos tomates, un tratante estafador, un corpo da Garda Civil máis que incompetente…
A parella francesa chega cunha visión bucólica ó agro. Queren prosperar co traballo. Cultivan, venden na feira e axudan no que poden. Establecen poucos lazos de amizade. Axiña os adversarios queren minar a identidade do home. Non se dirixen a el polo seu nome, Antoine, senón como “francés” para discriminalo. Bótanlle ás costas tódalas miserias históricas do pobo napoleónico, guillotina inclusive. A solución doada sería liscar pero elixe agochar unha cámara,sen moito disimulo, para ter probas.
Antoine e Titán |
No desenlace a trama xira como unha buxaina. Un matriarcado. Cunha maxistral escena entre nai e filla. A moza quérea repatriar a toda costa. Grítanse, bótanse a merda enriba pero cun mensaxe subliminar de amor, familia e protección.
No hay comentarios:
Publicar un comentario