domingo, 29 de diciembre de 2019

Voga, mariñeiro



Alfredo Conde presenta HOMES DE FERRO
na libraría Cronopios de Compostela (27-XII-2019)


  Atracou a súa dorna en Cronopios para visitar á grumete Mercedes.“É a novela máis difícil que escribín a pesar da sinxeleza formal”.Abandonou outra que tiña comezada e agora volverá a retomala.“A primeira vez que lin O Vello e o mar aburriume.Logo valoreino de xeito máis xusto”.

   Catro tipos sexaxenarios veñen vogando desde Dublín, da porta de Santiago que está preto da fábrica Guiness, ata Galicia. Case sen falar. Un deles compuxo una canción mentres remaba. “Metinme no pelexo destes tolos”. Adican mes e medio de tres veráns con singraduras de ata vinte e tres horas.Dormían nas praias. “Eu naveguei.Un barco é como un cárcere en movemento. Recurrín a miña experiencia de mariño e adapteino a súa realidade. Non falei con eles para non condicionarme. Non é unha reportaxe, nin una biografía,é unha novela”.  Zanxa o asunto o editor Alexandre Diéguez. “Non lle vai molestar a ningún deles, están engrandecidos. A realidade é máis precaria”.

   Lembra una anécdota que agora é máis simpática que daquela. “Da medo meterse na pel de alguén que se poda sentir molesto. Contáronme a historia dun emigrante que montara un gran negocio e os políticos fixeron del un pandeiro.O enganara un notario. Percatouse polo papel timbrado.Na novela fai os cartos cun negocio de putas. Eu non sabía cal era o de verdade.A súa muller veu por min e, se non a deteñen, teríame arañado, mordido ou metido unha bomba”.  

   “Quixeron entrar na Catedral de Santiago. Non lle deixaron entrar co barco e o fixeron cos remos. As pas que empregaban eran cadradas, así tiñan que facer menos xogo de brazo. Está, non sei se segue, o pendón da Batalla de Lepanto na nave central pero non deixaron meter a dorna. Se eu fora o deán o metía alí como o botamufeiro”.

   O bote, alcumado Naomh Gobnait, está xa restaurado no Museo do Mar de Vigo.  “Antes facíanse con bimbios recubertos con pel de foca, agora a impermeabilidade é peor”.
   “O comportamento humano é menos complexo do que pensamos, repítese moito. Queren probarse para ver se teñen o vigor da mocidade. Tamén xoga o afán de aventura, de medirse… Somos primates. Non me atrevín a entrar na cuestión relixiosa e na erótica. Son un pouco atravesado. Síntome familiarizado cos que comen, rezan, aman, beben e follan coma nós. Eses son os irlandeses e os bretóns”.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario