domingo, 8 de diciembre de 2019

Luces

*Presentación de ESTRELECER de Carlos Labraña en Cronopios (5-XII-2019)
Interveñen Anna R Figueiredo, Montse Pena, Arantza Portabales e mailo autor.

Lecturas dramatizadas de Iria Sobrado, Roberto Leal e Paula Sanmartín 

Fotos cortesía de Facebook.



  “Sempre quixen coñecer a un dramaturgo”.Anna R Figueiredo conduce a sesión.Da monda á laranxa.“Medrei con Iria Sobrado,ela máis ca min,no mesmo colexio. Queriamos chegar a oitavo para ter clases de teatro”.Coa curiosidade de saber que habería no Chalet Col do Carballiño. O teatro trae unha mirada crítica.“É un whatstapp, está preto da rapazada”.“Coñecín a Carlos nun obradoiro de escrita” que se celebrou na marabillosa cuña da Trisca no outono do 2015.
   “Eu son a señora seria e pesada desta reunión”advirte Montse Pena. O teatro ademais de representalo tamén serve para ser lido. Este libro pode ir dirixido a unha audiencia infantil ou adulta. “A obra que máis leron os mozos quizais é Crepúsculo. Que mellor que levalo mellorado a nosa literatura!” Consegue que o termo vampira perda carga pexorativa. Un cóctel ben barallado : amizade,ansia de poder, lirismo, descubrimento do pasado…

  Tres rapazas achéganse con afouteza diante dunha casa abandonada na procura doutra amiga. Nese lar indiano alzado con cartos cubanos conseguirán un poder sobrenatural.

   “As personas somos luz, depende do momento da vida no que nos pilledes”. Aquí anoitecer, estrelecer e amencer correspóndese respectivamente con pasado, presente e futuro.

  Xoga noutras obras coa tradición popular galega, Samaín e San Xoán,e agora aparece a Santa Compaña.  A Pequeña Compaña, que publicou no 2014, podería complementar a Estrelecer.

   Arantza Portabales traballa no mesmo sitio que Carlos. “Todos sabedes que imos á Xunta a tomar café”.Pero coñecéronse hai pouco. Antes cando se cruzaban ollaban para outro lado. Timidez tal vez.“É unha obra moi gótica. Que sería da literatura sen o lado escuro!” De nena emporcou o vestido da primeira comuñón por ir descubrir unha destas casas abandonadas. Á donostiarra encántalle a sonoridade do título dunha obra máis profunda do que parece.

   Labraña prefire falar de pé. Igual cos actores. Case treme pola vergoña. Dá respostas breves e concisas e soe rematar cada intervención cunha característica gargallada. Agradece o pulo que nestes tres anos lle deu Francisco Castro ó teatro desde que tomou os mandos de Galaxia.

   Comezou a escribir Estrelecer hai 32 ou 33 anos. Tivo un soño que lle inspirou a facer unha poesía. Logo comezou o relato pero non atopaba o camiño. “Estaba canso dos contos e películas de vampiros porque sempre se falaba do mesmo. Quixen acercarme ó xénero para enganchar á xuventude e que todos os personaxes fosen mulleres porque nas novelas de aventuras os rapaces sempre van un paso por diante e elas xogan un rol secundario”.

   “As cousas non veñen a nós, temos que ir buscalas. O digo eu que fun un covarde toda a vida.O día a día ten problemas e monotonía. A imaxinación é a que nos fai vivir e avanzar”.

   “Nestes tempos convulsos se quere desmontar o diferente, érguense muros”. Abordou esta temática en O valo.

   “Cando somos novos pensamos que imos vivir sempre”. Abofé que si.“Morrer en paz é escoitar bater o mar por derradeira vez. Hai moitos anos que vivo en Compostela e boto moito de menos os cantís da Cedeira en que medrei”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario