Presentación de Rueiro da cidade escura
de Patricia A. Janeiro en el Pub Medusa (19-XII-2019)
Ameixeiras acude en
calidade de amigo.Non foi unha obra de inspiración rápida. “Lémbrame a Mecanuscrito da segunda orixe de Manuel
de Pedrolo, catalán que fixo moi boas novelas negras”. Ten tintes
neorrealistas; arrecende ós retratos de Passolini á xente dos arrabaldes.
“Non fala da imaxe
turística e terrorífica que todos sufrimos. Fuxe da postal típica. Eu vin
atraído por una zona vella chea de vida, algo que agora só ocorre nos barrios”.
Os personaxes
tentan fuxir da catástrofe. “Viven nunha realidade dura, áspera. Todos teñen
algún estropicio, unha ferida aberta. Non fala desde un punto de vista
paternalista nin pretende pontificar. Coñece a realidade, non hai impostura, e
iso o agradece o lector”.
O admirador de
Hammett cedeulle a quenda á finalista do Xerais. A súa escrita non é
semellante a de Diego. “Parecíase menos antes. Era máis intensita. Co tempo depuro máis e tendo a recortar. Carrusel de Berta Dávila está moi ben
escrita porque non lle sobre nada. Moitos se pasan de freada! A Diego iso non
lle ocorre. Cada vez escribo oracións
máis curtas”.
A primeira idea que
tivo foi unha Compostela deserta. Traballaba ese verán en Conxo nunha tenda de
jacuzzis.“Non vendía nada e por iso me botaron”.Só había turistas e estradas
baleiras. Todos os seus amigos estaban en Portosín. “Sentín moita impotencia”.
Fusionou esta idea
con estoutra. Nunha ocasión lle cortaron a luz porque tiña recibos sen pagar.
“Cría que o sistema era inxusto”. Foi ó fogar da familia e contou unha mentira.
Para documentarse
para a súa distopía preguntoulle ós amigos como actuarían nunha situación
semellante . “Moitas veces á volta do Maycar”. Ambientouna no 2014.
Está bastante
reescrita, sobre todo os primeiros capítulos. Cando hai dez anos comezou coa
novela tiña unha vida moi precaria. “Pagar as facturas, non saber si vas
traballar ou non… Pasei tempadas longas sen escribir. Daquela paseino ben. Teño
moitos camaradas, perdimos moitas batallas e seguimos aquí”.Agora aprobou unhas
oposicións e está máis desafogada;“non son conselleira tampouco”. Pati ía
madurando e algúns dos personaxes xa non lle convencían. “Algúns do borrador
quedaron fóra. Moitos os quería ó principio e logo caéronme peor e os
maltratei”.
Hai un apagón en
Compostela un domingo de madrugada. Non funcionan os transformadores, os
xeradores… Nin sequera o mando da tele. Moitos marchan e ninguén ven axudar. Outros tardan en decatarse.“Como non hai
ninguén non fan falla os cartos. Non ten sentido roubar xoias ou reloxos”. É
máis prioritario ir por comida á Praza de Abastos. Sobreviven os que se xuntan. Forman unha
comuna para compartir coñecementos. É unha novela bastante coral. “Quero falar
de min e que me leades. Son ególatra. Todos os personaxes son eu”. Teñen que
adaptarse e superarse. Hai un máis sensato, con conciencia. É unha camareira.
“Podería ser a do Medusa”. Respeta a estes traballadores polo seu sentido
práctico e de supervivencia.
Bebe de autores
americanos e ingleses de ciencia ficción, como Ray Bradbury.“Cando todos son
listos e hábiles e non se fan preguntas non me parece verosímil. Os zombies
danme noxo”.
“Peneirei moito
certas cancións cando escribía”. Cada
capítulo leva por título eses temas e remata cun mapa. “Non estaban na miña
cabeza. Foi unha brillante idea do meu editor”.
Patricia defende o
seu traballo. “É entretida. Ten moita acción. Hai drama persoal…” E confesa as
verbas alentadoras que lle proferiu Paco Macías. “Aprendiches a escribir!”
No hay comentarios:
Publicar un comentario