*Simposio de poesía no Consello da Cultura
Conferencia inaugural a cargo de Yolanda Castaño (15-XI-2018)
A poesía galega goza dunha saúde excelente. Temos a Eva
Veiga, Ana Romaní e a veteranas como María Xosé Queizán e Marilar
Aleixandre. Había que presentar a Chus
Pato nas alfándegas en lugar de pasaporte.
Ramiro Fonte foi a versión galega da poesía da experiencia ata o seu
pasamento no 2008. Cita moitos nomes. Non se inclúe por modestia.
Na segunda metade
dos 90 había poetas en Curtis, Elviña e Boullón pero non se coñecían cara a
cara. As rapazas tiñan que xustificar a
súa roupa e maquillaxe. Falábase de
favores sexuais a cambio de outros literarios. “Que os ciclos menstruais che
sexan favorables” foi un dos folgos
que recibiu Castaño. María do Cebreiro
afirmou que a poesía da derradeira década do século XX era “máis
colaboracionista co patriarcado que subversiva e dona do propio desexo.”
A xeración nova
tralo cambio do milenio non sufriu a crise. As quedadas foron substituidas pola
rede. “Líanse,escribían ben pero non o petaban
e tardaban tempo en darse dous bicos”.
Crise significou
oportunidade. A perfecta ocasión para que o poder reducise as oportunidades ó
produto cultural. “É rancio dicir que a
poesía só a facemos por amor”. Os empresarios freganse as mans. Quen quere
traballar gratis?
Tivo tres colaboracións
semanais en prensa. Pagaban a hipoteca e algunhas facturas. Logo pedíronlle que
o fixera gratis. Pero ela sabía que
debía conservar a dignidade.
Os que teñen a
trintena recuperaron forza. Exploran e
inventan novas canles. Fan lecturas máis cosmopolitas. Saben que o mundo é máis
amplo que a facultade de filoloxía de Santiago.
Fálase de que os
novos sectores estratéxicos son o cine vasco, a narrativa catalana e a poesía
galega. “A poesía catalana leva anos en
crise creativa pero a política e economía a apoian”. Hai cinco axudas de 8000€
brutos para a creación literaria, dos que dous son para mulleres; máis dous a
maiores para menores de 30 anos.
Roubamos horas ó
sono, ó lecer e á familia para fortalecer o patrimonio colectivo.Os premios axudan
pero “sorrís para a foto, unha palmadiña nas costas e outros explotan o teu
traballo”. Arestora en Galicia non viven só da literatura Suso de Toro e Manolo
Rivas. “E moitos deses nomes rematan en a”. Aspiramos ao traballo. A poesía
repara, decontrue e visibiliza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario