lunes, 5 de marzo de 2018

A tolemia romana


*Conferencia da profesora Ana Suárez Piñeiro
Semana Cultural de San Rosendo no Seminario Menor ( 2-3-2018)

   Xa o dicía Obélix.  “Están tolos estes romanos”.Eran ambiciosos e grandes enxeñeiros. O Estado estaba cen por cen implicado na planificación. Non son grandes inventores pero levan a unha escala xamais coñecida técnicas que outros iniciaron.Controlan en monopolio os materiais de construción. Tiñan un número inxente de man de obra disciplinada, o exército.

   “Tódolos camiños conducen a Roma”. Fixeron 100.000 km de vías. Sempre buscaban a liña recta.  Chegaron ó Norte de África, Gran Bretaña e a actual Turquía.  Antes deles as comunidades estaban illadas, os castros, e os camiños eran de terra.  Lugo, Braga e Astorga eran as tres grandes cidades do noroeste de España. Estes vías están vixentes ata o XIX e moitas estradas posteriores seguirán o mesmo trazado.

   Cavaban unha gabia dun metro. Asentaban o terreo con táboas de madeira e logo tres ou catro capas para darlle solidez e resistencia. Poñían grava, argamasa e por riba grandes lousas. Estaba algo combada para que a auga da choiva se escorregase para os lados.

   Ás veces había que sortear obstáculos como ríos. A ponte de Mérida salva o Guadiana ten 60 arcos e unha lonxitude de 750 metros. 
   Procuraban auga potable de calidade.Evacuaban a auga sucia con cloacas de ata metro e medio. Aínda se conservan corenta ou cincuenta acuedutos dos que levantaron. O máis grande é o de Nimes; 50 km de canalización para chegar á cidade, sempre xogando co desnivel pois non tiñan bombas. Chega a 50 metros de altura e está tapado para que non se contaminase a auga.   Máis pequeno é o de Segovia, 30 metros de altura, percorre 17 kilómetros e ten 167 arcos.  En Mérida está o dos Milagros.
  Ás veces os romanos furaban un monte para facer os acuedutos, como o de Albarracín.  Traballaban a pico e pala pois non había dinamita nin motores.

   Buscaban ouro. Escarvaron ata cen metros de profundidade en Rosia Montana, en Dacia que está na actual Rumanía.   E obtiveron 5000 kg de ouro.    Nas Médulas empregaron a auga, que buscaban a máis de setenta ou oitenta km,  como elemento destructivo cando  entraba nas cavidades interiores.  Plinio O Vello deixou constancia disto na súa Historia Natural, que era un compendio de todo o saber da época.  Morreu cando foi a observar o Vesubio no ano 79.
   Foron megaconstructores. O Coliseo levantouse durante a era dos emperadores flavios. Remátase no 79-80. Este recinto elíptico mide 190metros na parte máis alta.Cabían 50.000 persoas. Había tramoias para subir ós animais. É facían naumaquias, é dicir, enchíano de auga e xogaban os barquiños. Estivo en actividade ata o século V. Había xente que vivía en apartamentos alugados e tendas ata o período medieval.  En 1349 sufriu un terremoto e logo expolio das pezas de mármore. 
   O Panteón de Agripa é o templo de tódolos deuses.  Ten unha cúpula de 40 metros de diámetro, nada semellante se fixo ata o Renacemento.

   Os romanos empregaban o formigón. O opus caementicium tiña cal, lava volcánica, que é moi resistente, e auga do mar. “Casi a forma da CocaCola”.  Pola contra, os gregos facían construcións arquitrabadas a dúas augas con columnas e dinteis. Soprendían menos.

   Tiñan un proxecto visionario que quedou a medio camiño: O Canal de Corinto. Foi un pequeno fracaso. Pero era unha tarefa técnicamente imposible na súa época. Para ir do Mar Xónico ó Exeo tiñan que rodear toda a península do Peloponeso. O primeiro que pensou en aforrar eses 400 km foi Periandro, grego do VII a. C. Logo insistiu Demetrio de Macedonia. “Eran de moito pensar e pouco facer”. Os que asumiron o proxecto foron Xulio César, Calígula e Nerón pero os dous primeiros morren axiña. O último deles tocaba a arpa. Suetonio, que fala da vida privada dos emperadores, conta como Nerón colleu a primeira pedra. “Como hoxe os políticos”.  O itsmo non se fará ata 1893. É tan estreito que pasan os barcos xustiños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario