*Víctor Freixanes amosa o seu fantástico dominio da oralidade
na Librería Cronopios de Compostela (26-2-2018)
Criouse na
parroquia de Borela, en Cotobade. Como Nélida Piñón. Na época do Hai que Roelo e os primeiros
televisores. “Queriamos escoitar a Los Mustang e non había luz”. Contaban
historias de desaparecidos e aforcados en figueiras.” Ás veces atopabamos
balas”.
Na Porta Faxeira de
Santiago e na Praza Curros Enríquez de Pontevedra contaban as historias os
cegos. “Os crimes sempre se cometían en
Lalín e Silleda. Era realismo máxico”.
Son sete irmáns.
Viña de facer ciencias. Veu estudiar á Universidade de Compostela. Cunha
condición, tiña que conseguir a bolsa.
Senón seguiría co negocio familiar de papel pintado. “Empapelei todo o
Morrazo”. Logrou tres sobresaíntes e
dous notables. A concesión de cartos veu
denegada. Tiña “antecedentes familiares
negativos”. Entón lle contaron que asasinaran o tío Xaquín. E o tío Saturno,
que os colaba no cine, estivera cinco anos no cárcere por facer propaganda de Socorro Rojo. Logo todas as mulleres da familia
entregáronse á igrexa.
“Como editor acabas
sendo destrutivamente autocrítico. Son un comercial. Vendo cousas”.
“Non escribo co
dicionario, prefiro escoitar ós paisanos”. Ramón Lorenzo dicíalle que inventaba
palabras. Por exemplo, o axirío das
gaivotas ou a expresión armouse unha batimborra.
Cunqueiro e Valle Inclán permitíanse moitas licenzas cando escribían en
castelán.
“A miña literatura
é auténtica. Unha exploración. Hai que
conseguir que o lector non se che escape, que pesque o anzó” A súa obra está
chea de referencias míticas e relixiosas. Fun criado no catecismo e a Biblia.
“Cando escribes non hai outra cousa”. Vas no coche pensando ás palabras onde
quedaches enganchando. “Eu escribo polas mañás”.
Hai quen planifica
os libros cun mapa e teñen todo medido. Outros preferimos cunha lanterna, comenzar a partir dunha
emoción.
“Non me gustan as
historias lineais. Chístalle 4 3 2 1 de
Auster porque se complica a vida.Así facía Picasso. Para realista está a
fotografía”.Tamén arriscou Sábato en Sobre
héroes y tumbas.
O triángulo inscrito na circunferencia é
a recreación mítica e fantástica dun país. Contén textos que escribira unha
década atrás en Madrid. “Traduciumo
Basilio Losada. Quéroo moito pero ese non era o meu libro”.
O enxoval de noiva ambientouno na Italia
Renacentista, nos tempos de Lucrecia Borgia.
Díxolle o seu fillo maior que ós dezaseis anos era moi axiña para lelo e
aínda non o retomou.
Cabalo de ouros revive ó tempo dos seus pais, dos fusilados e paseados como
Alexandre Bóveda. A memoria colectiva e persoal. Detrás de Vilanova de Alba
volta a estar Pontevedra. “Coñecín un cura chamado Teodoro e non fun capaz de
cambiarlle o nome.Describía tan ben o inferno que poñía os pelos como escarpias.Don
Floro non digo quen é porque aínda vive o fillo”.
É unha partida de
cartas nunha montaña de Galicia.“Villares que é moi xogantín preguntou-me se era un tute ou un subastado”. Noutras novelas de Freixanes aparece unha
partida de xadrez por influencia do Séptimo
Sello de Bergman. Seica na Praza
Rivadabia de La Plata apostaban verdadeiras fortunas nunhas mesas que teñen
gravados os tabaleiros.
Ocorre durante os
tempos do wolframio e o estraperlo. “Vestían gabardina, encendían os puros con
billetes de mil e ían as casas de putas”.Non é unha novela machista,o que era
machista era a época. As mulleres baixaban de Lousame con pedras e chegaban ata
a raia con Portugal. Deste intre escribiron Ramón Valenzuela e María Xosé
Rodríguez Galdo.“Está o país furado”.
Dedicoullo a Fina
Casalderey e ó señor Benigno. Era un
home de oitenta e pico anos de Brión que lle contaba historias cunha memoria
prodixiosa. A televisión non lle dicía nada. A novela presenta un conto, unha
das historias menores, que se publicou a comezos dos noventa na Revista Ronda de Iberia.
“Quixen poñer un
peto de ánimas do purgatorio na portada”. Tivo unha especie de iluminación
cando estaba na Feria do Libro de Gualaxara. Alí, nun hotel mexicano, unha
noite desantrancou un enredo e escribiu gran parte da novela.
Moita xente
necesita un lapis para diferenciar ós personaxes durante a lectura. “Pere Gimferrer devolveulle Cien años de Soledad a García Márquez
porque se perdía; logo arrepentiuse. O
que lembras de La Montaña Mágica e El Gatopardo é a atmósfera. Eso é o que
che deixa pegada”.
Agora ten en mente
dous proxectos. Escribir sobre Buenos Aires, cidade que odia a súa muller e na
que unha vez colleu unha bronconeumonía que o tivo moitos días cao. A outra
idea era unha “historia sobre o meu pai pero agora me din conta que son eu”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario