*Charla en el Ateneo de Santiago sobre Roberto Vidal Bolaño (13-5-2013)
*Atículo publicado en EL FARO DE VIGO el 23-5-2013
O Ateneo adicoulle a súa sesión a Vidal Bolaño co gallo das Letras Galegas. Hai xa once anos que un cancro de pulmón levou por diante o teimudo dramaturgo de pucho e cigarro. A relatora foi Laura Tato, profesora galardonada arestora co Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais.
Bolaño sempre se laiaba de que tivo o anhelo de ingresar na Escola de Cinematografía de Madrid pero Franco a pechou.De neno xa o levaran a comisaría por colarse no cine de maiores. Nos oitenta,vinculado a productora CTV-Galaxia,contribuirá a activar a industria da dobraxe galega.
O seu fito é a profesionalización do teatro galego. Engade elementos audiovisuais, experimentais e recursos da literatura popular. No “Obradoiro de Teatro” divirte ós cativos con bonecos.
De formación autodidacta conta co pulo do mestre Xavier Carro. Accede ó “Grupo Antroido” e a primerira peza que monta,aínda coma axudante, é Amor e crimes de Xan o Pateira de Blanco Amor. Pronto adquire competencias como electricista, decorador e chega ó posto de Director.
Agasallo de sombras é una obra dedicada a Rosalía inspirada en O Café dos Espellos de Otero Pedraio.Coincide co ano de estreno do Centro Dramático Galego en 1984. Levou labazadas acusado de desmitificar ós Grandes. Acaba vetado porque non calaba ante os políticos. Quedou só.
Forma un repertorio novo. Monólogo dos Cochos parte da noticia dun emigrante en Suiza que tiña un porco na bañeira. Reflexiona sobre o aillamento dos desprazados. Acaba co inevitable suicidio, tema recurrente nun home do máis vitalista. Se estrenou en Andalucía e en castelán.
Xa con “Teatro de Aquí” o de Vista Alegre monta Saxo Tenor, obra tinguida de sangue e analepses. Fala das redes semimafiosas e corruptelas que xurden trala creación da Autonomía.
Doentes aparece no intre en que rexurxe o fenómeno do Apóstolo. Fala da noite en que se pecha o Hospital de Caridade para convertirse en Hotel de Luxo por orde de Franco. É un tributo a Valle Inclán pois os protagonistas deambulan por Santiago como fixera Max Estrella en Madrid.
Gaña o Premio Camiño de Santiago con Actas Escuras que fala da loita entre fe e ciencia; non accede a cambiar o final e choca de novo coas autoridades. Dicían que era imposible montar O desengano do prioiro de Otero. Roberto deu no cravo e vinte mil persoas viron o espectáculo.
Nos últimos anos ten que facer os encargos do CDG. Así, transforma O Tenorio en A Burla do Galo, de Cunqueiro. É a historia do luso que ven en peregrinación para recuperar a súa forma humana. Esta peza acaba de ser representada no Principal polos rapaces de “Teatro Normal”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario