A Catedral do
Megalitismo galego empezou a ser coñecida no XIX. Pondal dedicoulle un poema. En 1865 Murguía realiza a primeira
descripción coñecida do dolmen. “Aquel recinto en el que descansaron durante
siglos las nobles cenizas de los hombres de quien descendemos”. Salvador Parga
Pondal fixo un estudio monográfico en 1924 e López Cuevillas o investiga no 27.
A Deputación
Provincial comprou os terreos en 1975. As primeras excavacións dirixidas por
José María Bello terán que agardar ata a campaña de 1987-89. O Plan Director de 1999 aportou un enfoque
multidisciplinario. O obxectivo era a posta
en valor e a conservación. O estudio detectou un excesivo aporte de auga,
constantes cambios de temperatura, gran exposición á luz. A estructura está
hoxe climatizada. Estableceuse un sistema de ventilación controlado por
domótica que evita os saltos térmicos. As visitas guiadas son de balde. Un
luxo.
Pero volvamos á
orixe. Situémonos na Idade de Pedra, é dicir, no Neolítico. Aínda non coñecían
os metais. Os dolmens solían ubicarse en áreas planas. No seu entorno próximo
da Costa da Morte hai outros como o Dolmen de Rabós, en Vimianzo, ou a Arca da
Piosa en Zas. Neste caso está a uns douscentos metros sobre o nivel do mar. Baixaron do monte os ortostatos, pedras de
grandes dimensións, arrastrándoas sobre troncos ou rodillos. Quizais tamén
fixeron uso de bois. Dombate era una
cámara sepulcral. Un espacio de enterramento colectivo do grupo dominante de Chan
de Borneiro. Ou sexa, un sepulcro colectivo exclusivo para as élites.
Hai un Dolmen Pequeno, que é máis antigo e
menos coñecido. Parece dun só uso. É de
cámara simple. O acceso é mediante un buraco en forma de funil na parte
superior. Cando o estudiaron había restos de pegadas ou negativos de nove
pedras. Na actualidade o arquitecto púxelle pedras para a réplica. O recheo
fíxose co mesmo sedimento que extraeran. Non é frecuente que dous dolmens estén
xuntos. Deixou de utilizarse cando se levantou o outro máis grande.
Os residuos
orgánicos de Dombate Antigo son landras, nabos e sebo de animais. Polo que
podemos dicir que estaríamos ante un caldo duns 6000 anos.
A mámoa que alberga
ambos dolmens mide vintecatro metros de diámetro. O Dombate Recente foi construido cara o 3700 a.C. É un dolmen de corredor. Orientado hacia ó sureste,ou
sexa cara ao nacemento do sol no solsticio de inverno. Era o momento que
marcaba o nacemento do ano novo. Puido utilizarse como templo solar. Os
primeiros calendarios da humanidade.
Consta de dezaoito
pedras, oito na cámara e dez no corredor. As pedras teñen catro metros de
altura. A mámoa que o rodea,protexida por unha caroza de pedras, servía de
rampa para arrastrar as pedras. A tapa de arriba pesa unha barbaridade. ¡Seis
toneladas! Pero aínda é máis pesada, case oito toneladas, a da cabeceira. A
porta é unha lousa que se utilizou durante 800 anos.
Non apareceron ósos
porque o solar é ácido. O Castelo de San Antón de A Coruña conserva machados de
pedra pulida, collares de azabache, cerámica…
Tamén apareceron láminas de sílex
ou puntas de frecha de cuarzo. Un rico axuar de obxectos de prestixo social.
As pinturas rupestres aguantaron 5000 anos
baixo terra. Esa circunstancia axudou a conservalas. Non se trata de figuras
humanas nin animais senón figuras xeométricas. Hai líneas rectas e ondulantes,zigzag,
puntos e rombos formando mallas. O negro
conseguíase con carbón vexetal e o vermello con óxido de ferro. O blanco, que
servía como lienzo, cunha arxila chamada caolín. Para pintar empregaban as mans e tamén
pinceis feitos con pelos de animais.
A finais do IV
milenio a.C. houbo un cambio de ritual en Dombate. Colocáronse entón na entrada
vinte pezas talladas toscamente coñecidas como ídolos. Hai quen pensa que poderían representar a cada morto que
enterraban. E tamén se descubriron restos de fogueiras, rituais quizais para
incineracións. Tamén fosas de drenaxe para filtrar a auga dentro do dolmen.
Hacia 2700 Dombate
Recente é clausurado. Sen embargo, sábese que na Idade dos Metais alguén
accedeu ao interior; pero entrou por arriba. Son os “campaniformes” os que
irrumpen e vulneran este espacio sagrado a mediados de milenio. Estas xentes, cuia
forma de enterramento solía ser as cistas individuais, depositaron unha pequena
lámina de ouro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario