miércoles, 6 de abril de 2016

Regalo os meus datos

Conferencia de Carlos Toural no Ateneo de Santiago
sobre as redes sociais


  Non recordo ninguén que impartira de pé toda a súa conferencia no Ateneo. As letras do proxector tatuáronse na súa faciana. O micro daba problemas.  Pasouse dabondo do tempo estipulado pero mantivo ao público divertido polo bo uso das anécdotas.
 
   Xa é vicedecano sen cumprir os 32.“Fun moi grande e de parto natural. Miña nai acórdase ben”. É natural de Palas de Rei. De San Cibrao se somos máis precisos, canda o Castelo de Pambre.  Era cliente da de Estebo, un ultramarinos que “funcionaba como un ágora moderno.” Todos acudían alí para ver a televisión ou comprar sopa de verdade. O tendeiro era o mellor informado do pobo. Se non acudías non saberías que tal carretera estaba cortada pola neve. Carlos cando morreu Estebo Carlos tivo que ir á competencia, a de Juliano, pero estaba a catro km.   Estas tendas eran redes sociais de manual.  “Facebook e Twitter son como o Airas Nunes e a Novena Porta”.
   É moi común ler na prensa como se demoniza ás redes sociais. “Non producen monstruos. Non son ferramentas do demo”. Sería como dicir que un coitelo é maligno cando o empregamos para untar manteiga.

   Por exemplo, o youtube converteuse no mellor adestrador dun keniata. Julius Yego quería adicarse o lanzamento de xabalina nun país que por tradición son todos atletas de fondo. Parece que adestramento en altura vai xerando xenéticamente corredores de elite. Burlábanse del porque era un deporte moi asociado a nórdicos, alemán e  á órbita da URSS. Por isa afinidade política tamén se formaron grandes campións en Cuba.  Yego estudiou a execución dos grandes lanzadores nos vídeos de internet. Chegou a ser campión do mundo en 2015.

   Pero coidado. Se non pagamos por algo somos o producto que está sendo vendido. “Queren máis os nosos datros que os nosos cartos”. Cada vez que Toural sube ó seu vehículo o gps sen preguntarlle xa lle indica os minutos que ten ata a súa casa e se o tráfico está despexado.

   Todos aceptamos as cookies ás presas para poder navegar con comodidade. Así permitimos ás redes interpretar o noso consumo na rede. A publicidade en internet segmenta a potenciais clientes. “En vez de ser un tiro ó aire vai entre cella e cella”.

   Apenas teñen uns dez anos de vida. É o boom sería dende hai catro anos. Incluso xa estamos no intre de empacho. “Necesitamos ser os primeiros en compartir algo”. Xera unha especie de histeria colectiva. Como aquel mozo que facía selfies coa cría do tiburón ata que morreu.

   O Whatsapp acelerou todo. De neno Carlos iba á hora da sesta a pescar camiñando tres kilómetros entre a lama. Levaba zapatillazos de regalo da súa nai. Agora se está coa caña e non lle contesta de contado xa chama axiña preocupada por si lle aconteceu algo.   Aposto a que hoxe son o único da sala sen este chat inmediato e controlador.

   Netflix ou Spotify foron capaces de covertir un producto nun servicio. Podes acceder a eles en calquera lugar e momento.

   Os novos dispositivos móviles teñen obsolescencia programada. Por iso cando foi por unha lavadora levou un consello da nai. “Compra a que quieras. Agora son todas unha merda”.

   As redes xeran colectivos que comparten vínculos e sentimento de pertenza. Roubáronlle hai pouco unha bicicleta de 4000€ no seu pobo.“Palas é unha curva”. Axiña alertou do sucedido nun foro de bicis. Ás tres horas un rapaz de Arzúa avisoulle que capturara ó ladrón e chamara á policía.  

   Nas redes sociais posicionamos o noso ego na comunidade. Queremos ter aceptación. Compartimos a vida en masa. Pero non aquelo no que pensamos que podemos ser rexeitados. “Todos nos damos palmaditas nas costas”. Se subimos unha canción de Justin Bieber sabemos que non gustará a todos. “As miñas redes sociais nunca van dicir algo distinto do que penso”. 

   Na actualidade somos na medida en que compartimos. Se lle conto a un colega que son experto ou forofo de algo e non hai probas nas redes quedarei como un mentireiro.   Contan que Dominguín pasou unha noite con Ava Gadner. O toureiro madrugou para marchar. ¿Onde vas? A contalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario