lunes, 18 de abril de 2016

Filosofía en tempos virais


   Desta volta visita o Ateneo Ignacio Castro. Crítico de arte e cine. Humanista, lúcido e intelectual. Fixo un retiro de mil días no Caurel nos anos oitenta. Falar de filosofía non sempre é doado de dixerir. “Teño fama de espeso”. Podo falar en arameo e desesperanto”.
   Primeiro unhas recomendacións. O surcoreano Byung-Chul Han, autor de La Sociedad del Cansancio. Alan Watts filosofou sobre outro tipo de razón. Sentir xa é pensar. Para Gilles Deleuze o noso poder seméllase máis o sorriso dunha nai que o autoritarismo dun proxenitor.

   Lois Patiño reconocía que lle costaba falar da trascendencia. Unha temática que podería servir como vía de escape pola nosa condición de mortais.  O director galego filmou nunha ocasión a uns rapaces xogando ao fútbol nun campo de area perdido entre as montañas do Atlas. Era un plano aéreo moi lonxano.Non sabían que estaban sendo observados. Que pensará de nós a terra e a paisaxe?

   A filosofía, coma a arte e a relixión, sempre encontraron o seu buraco nas fendas e crisis. Por exemplo, Podemos atopou a súa brecha no 11M. Senón os homes de letras seriamos só adornos de fin de semana.  A filosofía ten a misión de deprimir, rebaixar as líneas sapienciais.

   Kant, menos clásico do que parece, falaba do nouménico. Algo que que hai que pensar pero que non se pode controlar. Sen iso non hai vida humana posible que non sexa miserable.

   A filosofía sempre foi un fenómeno de bordo, nos límites do social. Os que se dedicaron a ela foron xentes que viviron experiencias traumáticas, lonxe do benestar social. Case destinada a foráneos pois son quenes poden falar libremente e sen ataduras. Nietzsche é unha excepción.

   O real ten aspectos espectrais. Nos atemoriza.Está en perigo pararse a pensar por conta propia nestes tempos virais. Desconectarse está mal visto. Hai paixón pola cobertura, un imperio abrasivo da publicidade.  Xa dicía Theodor Adorno no 44 que entre xornada laboral e a seguinte debía quedar todo hermético para que non entrara nada. Nin amor, odio nin comunidade.   
   Nas películas de terror se emprega moito a parada, a interrupción das conexións. As ideas novas xorden nas desconexións e no silencio. Senón será todo repetición. Agora non deixamos que o tempo fale, non permitimos “o demo dos espacios mortos”. A información é a nosa anestesia. Hai autismo ao inmediato. Así é case imposible que haxa circulación de ideas novas.

   Hai unha crise de creación artística. Fuximos do físico, do contacto, da palabra. Hai máis timidez hacia ese intre impredecible. Somos máis aburridos.  “Hai unha drogadicción das facilidades que é difícil de curar“. Ninguén se atreve a estar a soas. Hai un pantasma da marxinalidade. Todo ten que fluir. Poucas opcións para as accións minoritarias.

  “Temos dúas mans e unha non ten porque estar sempre dacordo coa outra”.Marcel Duchamp falaba do infraleve. Aquelo que está a un paso do invisible. Como o espazo entre a perna e o pantalón. O bafo do espello.   “Sen o invisible a nosa cultura ten un destino catastrófico”.
   Que significa pensar? Estar aberto ós traumas. Se fuximos diso todo é tedio, todo se sabe de antemán. Ninguén se atreve a desconectar.   Hai que escoitar de cando en vez ó diaño para estar preparados para cando chegue algo malo. Temos cousas atávicas dentro de nós que tardan moito en saíres. Desactivamos a nosa andamiaxe afectiva.

   Os minutos de silencio son controlados, estipulados e grupais. A espera telefónica ou a do metro está ambientada con música ou imaxes. “Por iso a nosa cultura é inferior a outras”.

   Os filósofos paran a circulación. Poñen un pao nas rodas.Crean confusión. Hoxe en día a filosofía está excluida de moitos escenarios como os telediarios.

   Xa case nunca ocorre nada. Vivimos na hipocresía. Ninguén mexa por fóra do dogma. Quizais non nos interese ler El elogio del amor de Badiou. O noso ego se constitue na exhibición.A orde social mantense coa visibilidade.Aislamento conectado. Xa nunca estamos sós nin xuntos.
 

   Todos somos culpables. Conformámonos co benestar social. “Ata o meu entorno de filósofos está bastante clonado”recoñece.   Todos tragamos coa Barbarie del Especialismo da que falaba Ortega Y Gasset. Os pais, as armas… xa se especializaron. Daquela, a relixión, a arte e a filosofía quedan relegados ó consumo privado. Realmente Queremos que pase algo ou nos conformamos coa nosa pantalla táctil? Precisamos máis paseo, máis fala, máis lectura, máis escoita…

No hay comentarios:

Publicar un comentario