Café Con...
Organizado por Mareiras Spacio de Arte y Galantiqua
Ac Palacio del Carmen. Lunes, 4- 4- 2016
A catalana Remedios Varo ten unha ollada moi personal do surrealismo. En La mujer saliendo del psicoanalista e ela quen tira do home e non o revés.
Organizado por Mareiras Spacio de Arte y Galantiqua
Ac Palacio del Carmen. Lunes, 4- 4- 2016
Sabela Fraga toma a
palabra. Voz firme. Ven reclamar xustiza para o universo feminino. Está ben
documentada. Foron relegadas ó ambiente doméstico e reproductivo. Sufriron
agochamento e sometemento. O sistema capitalista só deu opción a homes brancos
de, alomenos, clase media. Se acaso a única relación coa arte foi a de ser
musas ou modelos. No cine é moitas veces obxecto de desexo, lonxe dun rol
digno.
A historia da arte
que se conta sistemáticamente é patriarcal. Cando a súa valía na estética é
igual de meritoria ca dos varóns.
En El Juramento de los Horacios Jacques Louis David dota ós romanos de
patriotismo e musculosidade pero as súas mulleres adoptan unha actitude pasiva
ó cuidado dos nenos.
No cadro La misión de la mujer de mediados do XIX
George Elgar Hicks reduce as capacidades delas á compañeira do home. Jean Louis
Forain retrata a exhibición de prostitutas en El Cliente.
Outro rol
recurrente foi o de de Virxe ou de Eva, a portadora da culpa. Tamén lo estigma
de nacer da costela de Adán. Para Rousseau as féminas eran a vergoña da súa
familia. En moitas ocasións os seus corpos son símbolo da fertilidade. O
famosísimo cadro La libertad guiando al pueblo
de Delacroix mantén una actitude cínica.
De seguro que “si unha se atrevese daquela a ir co peito descuberto
moriría apaleada”.
É moi frecuente que
as pinturas tiveran como obxecto de pracer dos homes. Moitos aristrócratas se
masturbaron con El origen del mundo de
Coubert. La Venus de Urbino de
Tiziano colocouse nunha habitación onde ía nacer unha criatura para inspirar
boa ventura.
En El Rapto de la hijas de Leucipo de
Rubens e El Rapto de Proserpina,
escultura de Bernini, parece que as mulleres se deixan capturar. Pero non era
algo novo. O poema El arte de amar de
Ovidio xa seguía a mesma liña.
Eses comportamentos
chegaron ata hoxe e aínda poden verse nalgunha campaña de publicidade. “As
cousas non están melllorando. O panorama é desalentador”. O setenta por cento
das estudantes de Belas Artes son mulleres e o Museo do Prado xamais tivo unha
directora.
Hai algúns casos de
rapazas que conseguiron triunfar na arte. No XVII Artemisia Gentileschi non puido acceder á Academia.
Pero como o seu pai era pintor puido estudiar nun obradoiro. Alí violárona. Ela
atormentóuse porque ese home quedou en liberdade. Casou axiña para evitar o
escarnio público. Judit y su doncella decapitando o Holofernes tomouno como unha
vinganza personal contra os homes. En Susana
y los viejos tamén adoptaba un
prisma diferente ó convencional. Destaca o sufrimento da rapaza e non o pracer
dos vellos.
A catalana Remedios Varo ten unha ollada moi personal do surrealismo. En La mujer saliendo del psicoanalista e ela quen tira do home e non o revés.
A afamada Frida
Kahlo retratou un episodio rela de violencia de xénero. Un home asesinara a súa
muller a puñaladas.Cando o detiveron alegou que foran apenas“Unos cuantos piquetitos”e así foi como
titulou a obra a mexicana. O home aparece nunha actitude impasiva. Sen
remordimento algún.
Nos anos setenta
houbo uns seminarios liderados por Judy Cicago e Miriam Schapiro.Tiñan como
obxectivos romper cos estereotipos e reivindicar o traballo colectivo.
Logo xurxiron as Guerrilla Girls. Loitaron contra a discriminación racial desde
un punto de vista cómico. Disfrazábanse con máscaras de gorila, identificadas
históricamente coa identidade masculina. “Desmitificaban a imaxe de que as
feministas están sempre cabreadas”.
A francesa Louise
Bourgeois, falecida hai poucos anos, fixo a serie “Mujeres casa”.
Critica que o ámbito doméstico actúa como unha cárcel simbólica.
Bárbara Kruger quere revertir a visión tradicional de que a imaxe da
muller teña un matiz sexual. A súa política social ten una idea matriz. “O teu
corpo é un campo de batalla”.
Trala primavera árabe en El Cairo xurxiron varias heroínas como Mira
Shihadeb. A policía cargou contra os manifestantes. A desgraciada imaxe da
muller co sostén azul apaleada polo exército deu a volta ao mundo. Esta escena
inspirou a Bahia Serhab a convertelo en imaxe icónica.
A
arxentina Hyuro fai intervencións no metro de Madrid. A arxentina reivindica o
papel das mulleres traballadoras. Detesta que a comparen con Banksy.
Este mesmo ano a
fotógrafa Berena Álvarez fixo una exposición en Valencia. Aparecían diversas
partes da anatomía masculina atadas con cordas. Pero como había tamén un falo a
obra foi censurada porque “atentaba contra os valores”. A guatemalteca Regina
Jose Galindo xa recibiu varios galardóns coas suas perfomances como método de
contestación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario