lunes, 24 de marzo de 2025

Da mestra ós alumnos

 

* Ciclo "Escritoras na Universidade"

Helena Villar Janeiro visita a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación (12-III-2025)

   En tódolos libros de Helena hai referencias as súas prantas e postres,  o que máis domina é o arroz con leite."Teño boa memoria pero me quedaron os papeis na casa de Rianxo". "Domino ben a prosa; podo facer unha marabilla dunha trapallada”. Tamén foi xastra.

   Na escola de Maxisterio de Lugo aprendeu a non ser maestra. Unha asignatura de agricultura baseábase en coidar unha pranta. Na Universidade de Santiago había un mestre, Abelardo Moralejo, que de 150 alumnos aprobaba a catro.  Chegou a Universidade de Madrid grazas a tres meses de asuntos propios. Na aula había policía secreta. Levaba zocas para andar pola lama.


   Fun profesora de aulas digna. E daquela saiu unha arte que estaba latente, a escrita. Moitas veces fíxoo co seu home.  "O galego, como o inglés, non se le como se escribe.  A miña lingua  é dialectal oriental. Eu era unha rapaza avispada e cría que non se podía estudar en galego, imaxínate o que pensarían meus pais".  Logo tamén impartiu aulas nocturnas a mozos analfabetos polas que non cobraba.

   Juan Ramón Jiménez foi un mestre magnífico pero era dos que te captaba.   Nun dos primeiros capítulos de Platero y tú nos que define ó burriñó hoxe pode lerse “era como un niño, como una niña”; eso era imposible nesa época.  “Alterar os textos orixinais é improcedente”. E engade “estamos perdidos se temos que desbotar as obras nas que os homes se portan mal coas mulleres”.

   Helena cantáballe as Nanas de Juana de Ibarbourou a súa nena pero como estudiou música acabou por traducilas ó galego. Ensinoulle notación o seu fillo que hoxe é un gran músico. María acabou deixando canto e piano. Na escola cando xa sabía ler seguía co silabario para non chamar a atención.


   O día que choveu de noite xurdiu dun día no que María tiña que estudar os ósos e choraba porque non os daba memorizado.

   Os editores mandan moito na literatura infantil. A Carlos Casares non lle gustaba o título de Unha viaxe a Ondas Mil e ó final houbo que chamarlle Viaxe á Illa Redonda.

   Os ilustradores, fundamentais nos libros dos nenos,xeralmante non consultan cos escritores. “Vermiño vivía sóm nunha casa moi curiosa”. A ilustradora confundiuse, non era nunha colmea senón nunha mazá. Casares comentoulle que xa non se podía modificar pois era moi caro.  En O avó de Pipa puido escoller a súa ilustradora favorita, Mari Fe Quesada.


   Ero e o capitán Creonte tamén ten unha boa anécdota. Cando os seus fillos estaban no Pío XII unha mestra afirmou "Alguén trouxo droga, os nenos tomaron uns caramelos e quedaron dormidos"; o certo é que as súas aulas non eran moi divertidas.  O libro fala dun neno sen pai e Abelardo, moi afouto, sabéndose inspirador non o entendía. 

   Para a voda de papá  baseuse nunha historia real. Una nena perderá a súa nai nun accidente de coche.  Canda vez que o seu pai, Ramón, estaba cunha rapaza ela choraba pensando que era alguén que ía substituir a súa nai. “As madrastras non teñen por qué ser malas”.

   Raúl é un conto dun neno que ten que aprender a dicir que non. “Ninguén falou del. Din que falei de nenas libres pero se non educamos tamén ós nenos estamos perdidos”.

   Houbo censura en Un rato na casa, adicado a unha neta. É un animal ó que Helena lle ten moito noxo. No conto un rapaz fai un trato co roedor para deixarlle comida para que non estragase todo.  Meteuno nunha caixa e díxolle ós pais que era un hámster.  “Non mo permitiron porque a nai saía da casa e deixaba só o neno no fogar. Eu non daba crédito, era todo unha fantasía. Que o neno se quedara só era unha treta para que o conto avance, xa tiña dez anos e doíalle a gorxa. Eu criei a un irmán, catro anos menor, con bronquite crónica”.

   Engade unas pinceladas sobre outros libros. Fina a pirata fala dunha nena á que lle cortan unha perna, Alba doutra con síndrome de down. Fuga de Guillermo mestura fantasía e realidade.

   A miña neta do medio ten moitísimos libros. Un deles é o dunha toupa cunha merda na cabeza. Non ten ensino moral. Eu non sería quen de escribir iso. O tema e os personaxes non son baladís. O escritor quere transmitir algo. Por exemplo a camelia ten un valor para Pimentel.  O literario é artístico, ten que ser estético, polisémico…

   Harry Potter, que traduciu ó galego Marilar Aleixandre, ten moita mercadotecnia. “Horrorízame que toda unha xeración quede marcada por un só libro.  Os nenos galegos deben ler Cantares Gallegos, a Manuel Antonio, Cunqueiro, Fernandez Paz ou Ledicia Costas…  ”

   “Son sobre todo poeta. E, modestia aparte, moi ben feita. Aínda que sexa para nenos ten que ter perfección”.  Quixo facer un recital sobre a neve en Cuba pero deuse conta e fixo un cambiazo. “Como ían sentir esa emoción?”

No hay comentarios:

Publicar un comentario