*Freixanes le de novo O triángulo inscrito na circunferencia
Conversa na Libraría Cronopios de Compostela (18-2-2019)
Para Dani Asorey é un libro que lembra ós
tempos de Sebastián de Portugal. É cunqueirano,
oteriano e simbólico.Contundente. O final non é amable pero hai esperanza
nun futuro mellor.
Cando Dolores Vilavedra leu o libro
atravesaba un momento complicado. Chorou. Para ela non é unha novela histórica
nin épica pero ten “un aliento milenario”. É unha historia que non avanza, como
a nosa.Como os hámsters na roda. Vilanova de Alba é unha parábola do país.
“Voltas e reviravoltas dentro do labirinto. Mar de sombras e de espellos”. Para
a mestra as claves para escribir unha novela redonda son resolver ben a voz
narrativa e o punto de vista, aínda que o tema non sexa tan orixinal. O
presidente da Real Academia Galega saiu exitoso.
Gañou o Premio Blanco Amor. A crítica deulle
tódolos epítetos laudatorios pero quedou desconcertada. Hai lendas e historia,
da que Víctor estudou ata cuarto na carreira e namorouse do Medievo. Non toca
de oído a ciencia. “Lera a Hawking e tiña curiosidade na física cuántica”.
Para Freixanes o
tridente é O triángulo-A Cidade dos
Césares e Cabalo de ouros. El non
metería O enxoval da noiva, que é
máis curta e contida. Aquelas compleméntanse e dialogan entre sí.
Cando escribía o
libro estaba inseguro. “Este disparate que me levou tantas horas vaille
interesar a alguén? O libros son un
proceso de fermentación. Unha novela é un maratón, con momentos de
depre,mentres un conto son os 100 metros lisos”. Ía a dar clase e falaba ós alumnos de Homero
e de Mendes Pinto e a literatura portuguesa de navegación; pero sen decatarse
derrapaba e acababa contándolles a novela que preparaba. Despois de 36 anos
“tiven a vertixe de lela. Deime un aprobado sobrado. Quedei satisfeito”.
Íase titular O primeiro día da fin do mundo pero
Vargas Llosa publicou por esas datas La
guerra del fin del mundo. Pensou en nomes como As mareas. O seu admirado Alejo Carpentier tiña obras con nomes
coma El recurso del método ou El siglo de las luces. Tamén escarvou en
Rafael Dieste porque publicara ensaios sobre matemáticas pero nada.
Está adicado ó
fillo Denís, que nace daquela. O pan baixo do brazo. E ó avó Valeriano que criou a Víctor e o seu
irmán Jose. Ensinoulles o nome das cousas. Era como unha choiva fina.
É un mundo moi
masculino. Con Xohán de Boimorto Freixanes amosa a súa devoción polos
gaiteiros. O personaxe de Quinteiro Malvido, a vontade da razón, ten contradicións,
grandezas, disparate, desesperación. Bartolomeu é un optimista. A única muller
é unha serea.
“Compostela ten
exceso de boa prensa.Un marketing tremendo.Pontevedra é unha cidade de
funcionarios ociosos; é unha diarrea imaxinativa onde nace o Ravachol. Alí
escribiu Torrente A saga.Os pobos de
beiramar do sur de
Galicia teñen outro xeito de ver o mundo.Os do interior son os que mandan. Eles administran os
recursos e a enerxía. Nós somos falabaratos, como a gasosa”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario