martes, 12 de febrero de 2019

Moreiras

Antonio Durán "Morris" fala da súa traxectoria

   Cando tes un alcume e imposible afastarte del.De familia ourensá como case tódolos vigueses. Pero chegou ó mundo no barrio de Teis. Criouse xogando fronte ao mercado. “Non tiña vocación de actor nin gracia para contar as cousas. Son introvertido,atormentado e fatalista”.

  No colexio castigábano moito.Tivo etapa de militancia política nos setenta.Atopouse co teatro por casualidade.No instituto a profesora Maite ofreceulle facer de Ramonciño en Os vellos non deben de namorarse. Gustou.E montaron un grupiño de teatro.Facían accións colectivas de varios meses.En Batea,unha representación do país, eran 5 monos aletargados, que se masturbaban e non sabían falar. “A policía botounos dunha sala por enganchar a luz da rúa. Ernesto Chao, que traballaba ben a madeira porque traballara con ataúdes en Ribadavia, fixera as gradas”. Ían en furgoneta polas Asociacións de Veciños.Celtas sen filtro tivo moito percorrido.Era un peregrino que chegaba á Catedral e, de súpeto,brotaba petróleo do chan. Xeraba moito debate.

   Fundouse o Centro Dramático Galego para que fora o buque insignia.Firmaron Morris ou Roberto Vidal Bolaño, que deixou a banca para profesionalizarse aquí.   “Hoxe é un lugar de burocracia e só traballan actores de vez en cando”.

   A TVG comezou a emitir no 85. Ó principio non facía ficción. “Sentíaa miña pero agora teño máis desafección pois está toda externalizada”. Entrou en dobraxe. “Esto si que é vivir”, pensou. Facía sobre todo debuxos animados. “Pero aburríame o ambiente; estás metido nun zulo e non ves a luz”. Chegou Pratos Combinados, que “ofrecía cercanía e a xente se identificaba moitísimo; agoras pensan o contrario”.As audiencias foron extraordinarias. “Antón era un pequeno corrupto vividor”. Ás veces ía a facer unha sesión de Periodistas ou El Comisario. A xente lembra o morreo que lle deu ao Señor Cuesta en La que se avecina. “En Galicia as cousas funcionan por familias” en referencia as loitas entre produtoras.



   Coas primeiras películas “faciamos prácticamente de extras. Estiven vinte días en Madrid para facer un plano de camareiro en Continental. A barra era alta de carallo! E gritaron polo megáfono: Al gallego que le pongan una pedalina!”

   Logo chegaron os papeis que lle deron máis sona. Doentes alimentoulle o corazón. “Todo Dios lera A Esmorga. Blanco Amor morreu aquí de pena despois de ser un gran artista”. Fariña levou tódolos premios onde se presentou; permitiulle acceder a un Feroz, que otorga a prensa.


   “Con Galicia teño unha relación de amor-odio. Trátase mal a si mesma. Ás veces teño que descansar de aquí. Somos un país que trae os restos de Castelao e logo nos damos de hostias”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario