lunes, 4 de febrero de 2019

O que non se dixo

María Xesús Lama revisa a figura de Rosalía de Castro
en Los Lunes del Ateneo (28- I-2019)


   A nai veu a Santiago á casa duns amigos para ocultar o embarazo e ter a Rosalía. Martínez Viojo, capelán destinado en Iria e tamén no Pazo de Arretén, puido ter unha relación longa con Teresa aínda que ela parise con máis de trinta anos.  Rosalía non sentiu trauma pola orixe. Mantivo contacto co pai con afabilidade e entrevistouse con el antes de marchar a Madrid.

  Non foi unha muller vella,vestida con roupas escuras.Nunca o foi porque morreu con 48 anos. Era moi urbana,unha señorita,de orixe acomodada.Vivía das rendas que lle tocaban pola familia de Castro. En Ortoño viviu ben pouco.  Medrou entre Padrón,concello que entón era máis grande que Vigo, e Compostela.  De moza non lle gustaba Castela pero sí Madrid ou A Coruña.

   Parece probable que fora á escola primaria, só de nenas,en Padrón.Chegou a Santiago xa con nove anos,máis cedo do que se dixo,coincidindo coa venda da casa da rúa do Sol de Padrón como investigou Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda.  Aquí estaban os curmáns da futura escritora. Foi Liceísta, onde se practicaba a música e as artes escénicas dentro do liberalismo.

   Hai que cuestionar que escribe e publica grazas a Murguía. La flor,que ten algúns poemas bos e outros non tanto, vendeuse bastante ben. Publicará algunhas obras en editoriais dos amigos de Manuel pero tamén lle perxudicaban as polémicas e leas nas que se metía o historiador.  

   Empeza a publicar en castelán. La Flor, La hija del mar e Flavio por fascículos.Racha con Cantares Gallegos. A decisión non depende do marido. Quere mostrar a fala da xente do campo e a beleza da lingua.Nas festas minervais as demais mulleres non escriben en galego. Consérvanse cartas de poetisas que lle piden consello o que amosa que xa recoñecían a súa autoridade.

   Trasladouse a Madrid para vivir das artes.Casan aló. Barreiro di que regresan a Galicia porque ela estaba moi enferma e el quería publicar a Historia de Galicia.O feito era que estudaba farmacia e non aprobaba; o pai retíralle a asignación. Colabora na prensa,o que otorga fama pero non tantos cartos. Criticara os capo da arte, Os Madrazo, o que lle dificulta as cousas. Volveron e viviron na Casa das Conchas. O pai de Murguía tiña unha farmacia na Praza de Cervantes.


   Posicionase no debate sobre a abolición da escravitude. En La hija del mar non deixa ben o protagonista, un traficante de escravos. No porto da Coruña movíanse moitos cartos con iso. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario