
Na capital coñece o
excéntrico intelectual Lutoslawski, que viña a estudiar a filoloxía pesimista.
Quería ser o pai do liberador de Polonia. Namoran pese a que era moi diferente
a Sofía. Él non creía na medicina tradicional e por esa teima sofren a morre
dunha filla. Nunha carta a Unamuno
desahógase “Lutoslawski padece unha psicosis. Nunca poderá curarse”. Din que o
desequilibrado noble repudiou á galega por non ter fillos varóns. Terminarían
por separarse.
Airéase unha
tempada co cosmopolitismo de Londres e no 96 volve a Galicia. A reaccionaria de
fábrica calma a súa dor coa relixión. Mera era unha aldea incomunicada e
aillada.Relacióna-se co ambiente cultural da Coruña.Ía ata alá en barco para
acudir á tertulia galeguista da Libre-ría Carré, coñecida como A cova Cética. Xa foran antes Juana de
la Vega ou Concepción Arenal.
En xaneiro do 98
regresa a Polonia. Acompáñaa Pepiña de
Cecebre, criada e nodriza da nena pequena. A confidente coa que se comunicaba
en galego. Algúns viron unha relación lésbica. Ó único constatado é que había
lealdade e necesidade. Acaban enterradas
xuntas en Poznan.

Tamén é testigo
directo da Revolución Bolchevique. Métese na Corte nos Romanov. Coñece a
Rasputín que era un eremita ortodoxo que tiña unas enormes orxías.“Lenin é un
visionario do ben capaz de facelo mal”. Vai ó antro das feras para entrevistar a Trotski. “É simpático, non é
atractivo, o seu rostro é irregular e agudo. Non se revela en él nin a vontade
nin a intelixencia”. Deixou de apoiar a Revolución Rusa. A pesar de romper co home quería salvar a vida
dos seus cuñados que vivían en pleno feudalismo.

No 31 triunfa a
República. Entristécea pois quería protexer a España do comunismo. Asociaba os
bolcheviques ao anticristo. O bando nacional a acolleu para dar propaganda ós
golpistas. Pensaba que Franco era o salvador da Patria. Logo defenderá o Guetto
de Varsovia.
A súa postura
pacificista, tamén demostrada na Semana Tráxica e na Guerra do Rif,acercouna o
Nobel. Aínda cando concluiron os
encargos para ABC e ficou case cega, a traductora ó español de Quo Vadis non deixou a escribir ata o
leito de morte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario