miércoles, 3 de diciembre de 2014

Cine do noso


 
*Análise da Exposición CineGalicia25 no Gaiás
 
   Hai indicios de que a primeira galega filmada foi a Bella Otero. O Zar Nicolás II, que fora o seu amante, encargouse de destruir o material.  Os canons de beleza trocaron co paso do tempo.



   En 1916 ródase Miss Ledyia,ficción de vinte minutos,onde Castelao fai de pastor protestante.
   O director sevillano Claudio Guerín morreu en 1973 tras precipitarse da torre do campanario da igrexa de Noia. Non pudo acabar a rodaxe de “A campá do inferno”.


   O pintor surrealista Eugenio Granell fixo seis curtas, de entre corenta segundos e cinco minutos,filmadas en oito milímetros a principios dos sesenta durante a súa estadía norteamericana. 

 
  No 84 a Xunta fai as primeiras axudas ó audiovisual e un ano despois xorde  a TVG. Un dos maoires éxitos da canle autonómica foi O Xabarín, ideado nos noventa por Miguelanxo Prado.

   Na exposición do Gaiás gardan unha claqueta de Sempre Xonxa onde no envés aparece o nome da película mal escrito.Foi gravada en quince semanas pero ó longo de ano e medio e interviu Roberto Vidal Bolaño. Chano Piñeiro xa se atrevira co corto costumbrista Mamansución. O director era un farmaceútico apaixonado da séptima arte que morreu con só corenta anos.

   Xavier Villaverde xuntou unha auténtica constelación de estrelas no seu Continental. Héctor Alterio, Marisa Paredes ou Eusebio Poncela,actor dos xeniais soliloquios de Martín Hache. Xa estaban entón os cameos de Morris, barman, Manquiña, pistoleiro, ou Antón Reixa, “gordo”.  

   Completou a triloxía Urxa,que é a que contou cun orzamento máis modesto, sesenta millóns.

   En La muerte y la doncella o controvertido Roman Polanski recreou, con música de Schubert, unha dictadura arxentina filmando exteriores en  Valdoviño.

   No 96 Jorge Coira deulle ó testigo a Luis Zahera na curta O Matachín. Inicia unha vertixinosa carreira especializándose en personaxes arroutados e rancorosos.O director lucense xoga  ubicando a Piti Sanz na Quintana dándolle unas monedas ó guitarrista Tosar en Dezaoito comidas. 

   As novelas de Manuel Rivas cobraron vida con Todo é silencio, de Cuerda, e O lapis do carpinteiro. Dun dos contos de ¿Que me queres amor? xurdiu a tenra O lapis do carpinteiro. Rodada na pétrea Allariz, onde os propietarios de burros cobraron pola inclusión destes como semoventes. O filme convertiu a un neno salesiano, Manuel Lozano, en icono da inocencia.Amenábar escolleu a música, que aparecía“entre o son dos grilos,a auga,o vento,os nenos e as vacas”.

   Santiago mostra os seus encantos en pelis como A noite que deixou de chover ou Trece badaladas.  Nesta obra, filla do libro de Suso de Toro, os picheleiros botamos unha ollada ó hospital onde nacimos, xérmolo hoxe de ratas e bacterias. Como curiosidade,actúa o tándem sentimental Tosar & Etura e o binomio Gonzalo Uriarte & Mayka Braña,vixente hoxe en Pazo de Familia.

   Crebinsky é unha película irreverente que mestura astronautas rusos e paisanos galegos. O guionista Ángel de la Cruz atreveuse a dirixir Os mortos van ás presas,que se paralizou por falta de cartos. Os bonecos animados de O Apóstolo son completamente articulables, máis cunha Barbie.    


No hay comentarios:

Publicar un comentario