LUNES DEL ATENEO
Ramón Villares lembra a figura de Montero Ríos
aos cen anos do seu pasamento (6-10-2014)
Ramón Villares lembra a figura de Montero Ríos
aos cen anos do seu pasamento (6-10-2014)
Silenciouse o
Ateneo para escoitar a Ramón Villares.Precisión e brincadeiras. Don Eugenio exerce como ministro de Gracia e Xustiza
no Sexenio Revolucionario. Era católico-liberal.
Que-ria Igrexa libre nun Estado libre e liberdade de conciencia. Moderniza a
administración pública coas Leis de Matrimonio Civil e Rexistro Civil. Así a
relixión só podía controlar o rito da morte. Coa Lei Orgánica de Poder Xudicial
logrou que esta se impartira por personas independientes.
Montero foi un dos
principais defensores de Amadeo de Saboia. Din que redactou a mensaxe de
abdicación do italiano en 1873. Colléralle cariño. Acompañouno a Lisboa, de
onde retornou a Turín, e adicoulle misas en San Francisco a súa dona, María
Victoria, cando morreu. Entón Eugenio exerce como abogado. Gumersindo de
Azcárate era outro dos xuristas con sona.
Non aceptou de boa
gana a Restauración. Non era antimonárquico, sí antiborbónico.Participa na
creación da institución Libre de Enseñanza. No 81 entra como diputado e acada dez mil votos.
No 84 xa son dezaseis mil, a metade galegos.Está presente no “Goberno de
Altura” de Mateo Sagasta onde se moderniza o estado, intervén en xustiza e sae
adiante a Lei de Asociación.
No 86 é deputado
por Santiago.A súa rede clientelar chegaba a Pontevedra,Muros,Ortigueira ou
Mondoñedo. Convértese no protector máis importante de Galicia dende o Conde de
Lemos. Nomeárono senador vitalicio e rexeitou o título de marqués de Alhucemas.
Promoveu a Escola de Artes e Oficios e a Unión de Protectora de Artesanos e
donou cartos para as lámpadas da igrexa. O pobo se axeonllaba o seu paso. Pero
non se entendía ben cos poderes fácticos locais. Algúns nuncios veían a este
político liberal xacobino como a encarnación do demo. Lutero Ríos.
Xa en 1890 un
artigo de prensa define a súa astucia e raposería. “Su ciencia es
extraordinaria. No hay quien hable con él dos veces que no quiera abrir un
expediente para su canonización. En cuanto gana un pleito lo tararea mentalmente
con orgullo.Es de los que leen siempre de los periódicos del día siguiente.
Viaja tanto como los toreos”. Cumpridos os corenta desinflouse.
Un dos tragos máis
amargos foi cando presidiu a comisión do Tratado de París. Un regalo
envenenado. Un servicio a María Cristina. Acusárano como responsable dos males
da Patria.
Morreu en Madrid
despois de corenta anos de mala saude. O seus restos descansan en Lourizán,
como desexara. A estatua para
homenaxealo levantouse no Obradoiro no verán de 1916. A dictadura de Primo foi quen
a moveu a Mazarelos no marco dunha“política de descuaje do caciquismo”. Non ter uns descendentes de nivel, sorte que
sí tivo Maura con Jorge Semprún, e a desaparición do seu arquivo perxudicou a
súa lembranza. Entón naceu a súa contrafigura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario