*O día das Letras Galegas 2014 adicouse, como ben sabedes, o poeta e traductor lucense
Veu ó mundo en 1914
en Guitiriz. Era un mozo de saúde medianeira que non se apañaba ben para a
labranza. Talento como declamador. O seu pai, escribán do concello, tiña a teima
de que entrase no Seminario de Mondoñedo. Goza da nutrida biblioteca onde
aprende distintos idiomas. Alí coñece a Aquilino Iglesia Alvariño, cinco anos
maior, que actuou coma un irmán maior.
Botou dez días na
Fronte de Asturias e escribiu O Combate.Logo
foi padioleiro no Hospital Militar de Pontevedra. Comezou a mocear con María
Teresa Zubizarreta Bengoetxea, telefonista que incentivaba ós soldados.
Mantiveron unha longa relación epistolar. Ó finalizar a guerra foi visitala a Euskadi. Casou no 54.Tivo tres
fillos. Jose María, Maite e Íñigo. Ocho
apellidos vascos.
En 1940 marcha a
Vilagarcía para exercer de mestre nun colexio dirixido por Aquilino.Durante eses
sete anos segue mandando versos a La
Noche,antecedente de El Correo
Gallego,El Pregón ou El Pensamiento Navarro, onde traballaba
Díaz Jácome. No 46 gaña por duplicado os
Xogos Florais de Betanzos; en castelán con El
Cántico de la ciudad e en galego con Nascida
d´un soño.
Prepara as oposición
a traductor. Segundo de España. “O primeiro sería enchufado”. Desprázase a
Madrid. Dominaba o hebreo, neerlandés, danés, sueco, ucraniano, ruso ou catalán
que aprendía de xeito autodidacta. ¡Ós dezaoito anos xa estaba subscrito o Daily Telegraph!
En 1949 publica
“Penélope” na revista Alba. Saliu do
anonimato,moito escribira sen publicalo,
cando Paco del Riego lle pediu que participase na Antoloxía da Poesía Galega do 55. Galaxia asediouno cinco anos para que fixera un libro.En 1961 sae
á venda Nimbos: Trinta e dous sustantivos
poemas, dos cales catorce xa foran escritos con anterioridade. “Ningún sobra;
ningún é menor”.Otero Pedrayo, Risco,Fole ou Carbalho Calero fixeron
entusiastas críticas da obra.
Foi nomeado membro
correspondente da Real Academia Galega;non podía ser numerario por non vivir na
Coruña ou arredores, o que lle imposibilitaba acudir ás reunións con
asiduidade.
Regresou a Galicia, a súa Ítaca,en 1983.Antes do seu pasamento en 1990 este canteiro de versos recibe o merecido tributo con presencia dunha nutrida recua de sobranceiros intelectuais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario