jueves, 21 de julio de 2016

Lembrar doe, contar salva

Congreso Internacional "1936, ¿Un novo relato? 80 anos, entre historia e memoria"

Conversa con Suso de Toro sobre as referencias históricas da súa literatura.
Terraza do Museo Granell. Manuel Rivas non acude a cita (19-7-2016)


   Nunca responde con exactitude. Agóchase con habilidade entre as pólas como en Soldados de Salamina. Non se axeonllou ante ningún dos seus proxectos literarios. Todos saíron adiante.




  “Son un escritor incomodador”.Non agocha a súa militancia antifranquista na clandestinidade. Tamén  en sindicatos e partidos. Empezou a escribir serodio, aos 27 ou 28 anos, aínda que unha década antes xa tiña un plan literario. “A literatura non debe ter ensaio ideolóxico”.


   Polaroid pretende dinamitar e lanzar novas para a literatura galega. Nos 80 a nosa intelectualidade se recreaba coa idea de que Galicia era un país vítima. En “Apoteose do churrasco” fala da prosperidade e dunha sociedade basada no cinismo.


   En Land Rober hai unha viaxe ó tempo do Golpe para construir a historia familiar dos personaxes. En Non Volvas se toca un tema tabú. ¿Poden as vítimas cobrarse vinganza? Unha fábula gótica dunha enfermeira que viaxa cara atrás, onde están as feridas, para exorcizar ó pasado. 




  Home sen nome cuestiona a historia familiar e o estatuto de vítima que é cómodo para todos. Interésase polo pasado fantasmal da cidade na que se criara. Só houbera un libro de Toxo Ramallo,“valioso aínda que algo desordenado”,que investigara a represión aquí. Suso quería abrir a ferida conscientemente.  “¿Quen foi o asasino de Ánxel Casal? Sabía que o libro me ía causar problemas”. Topou co habitual consenso en voga de que todos somos inocentes. Lévase moito o de non remexer o pasado e a identificación co bo republicano.“Aborrezo ese xesto hipócrita”.


   “Somos fillos dos pais dos superviventes. O que hai que contar é a historia dos que tiveron que marchar ou foron fusilados”. En canto a súa árbore xenealóxica afirma “son fillo do superviviente pero o meu tío machou a América”.

   Home sen nome estaba pensado para ser unha obra teatral. Un dos diálogos inspirouse, confesa, nunhas verbas de Hannibal Lecter.  Hai unha dialéctica entre dous vellos no hospital; un fora paseador e ao outro zafou pero lle morreran seres cercanos. É curioso que os nomes de dous centros médicos sexan Gil Casares, “conspirador e represor”,ou “o pistoleiro” Juan Canalejo.  “Vas morrer derrotado de novo polos que gañaron a guerra”.

   Construiu un mapa para saber onde se conspiraba.Para crear o tecido recibiu axuda de Emilio Grandío, Dionisio Pereira, historiador do anarquismo, ou Encarna Otero. Perdida a inocencia camiñaba unha vegada pola Carmoniña casi “agobiado polo peso de todo o que sabía”.  Atopouse cun bo amigo de familia manchada que hai tempo que non ollaba. ¡Foi horrible!


   Nalgún intre pensou facer unha historia sobre as Marías. “Dúas toliñas”. A xente “facíalle bromas, non acostumaban faltarlles ó respeto”. Por ter irmáns anarquistas padeceron a respresión dos “señoritos e matóns”. “Paréceme unha mentira que a estatua da Alameda a inaugurase un falanxista como Torrente Ballester. Chamáronme inquisidor por dicir isto”.  O escritor ferrolán pertenceu ó Partido Galeguista pero logo evolucionou en candidaturas de extrema dereita.  “Na Universidade xa era simpatizante dos que preparaban o Golpe. Deu aulas vestido de falanxista coas botas de caña alta e dando coa fusta. Logo disfrutou das prebendas. A versión oficial era que vestira a camisa azul por medo”.  



No hay comentarios:

Publicar un comentario