*Recunchos con vestixios culturais de Compostela
Conduce o itinerario o editor e divulgador cultural Henrique Alvarellos
A Rúa Nova foi o
lugar de asentamento dos primeiros retratistas. A mediados do XIX prodúcese
o tránsito dos daguerrotipos ás fotos, como se aprecia na Gran Expo de Londres
de 1851. O vallisoletano Baldomero
Almejún foi tamén restaurador da capela das Ánimas.Nesta rúa tiña o seu estudo
Andrés Marcelino Cisneros Pereiro. Encargáronlle cubrir a viaxe de
españolización que fixo Isabel II no verán do 58. Parece que Charles Clifford non veu polas
débedas da Coroa.
Na Alameda celébrase
a Exposición Rexional de 1909, primeiro Ano Santo do XX. Un dos
promotores,Pais Lapido,ten un busto no parque. Santiago sufrira no XIX coa
perda da capitalidade. No 53 morría xente polas rúas. Non se recupera ata que
López Ferreiro redescobre os restos do Apóstolo no 1879. O Pavillón de Recreo,
hoxe gardaría, é obra de Antonio Palacios; nos corenta sería edificio da
Falanxe. Foi un éxito. Sesenta mil visitantes nunha cidade con menos da metade
de poboación. Viñeron o rei e Maura. O fotógrafo foi Manuel Chicharro Bisi.
Preséntanse inventos tecnolóxicos como a máquina de caramelos e hai ensaios do
cinematógrafo.
O Hotel Suízo,
cunha fachada modernista ecléctica,abriu
en 1905.Pechouse nos sesenta afectado pola apertura do Hostal dos Reis
Católicos. Tiña carruaxes para levar ós hóspedes. Pasou Hemingway aquí os
veráns do 28, 29 e 30, que estaba namorado das Rías Baixas e pescaba no Ulla.
Como homenaxe a Compostela chamoulle Santiago ó protagonista de El Viejo y el mar.
O Hotel Compostela inaugurouse no
29. O 7 de maio do 32 houbo unha
homenaxe a Lorca. Tocou no piano as Cantigas de Santa María e fixo mimo; estaba
exultante. Firmou no libro de sinaturas como outros coma Alfonso XIII, Evita
Perón ou Millán Astray loubando a Franco. Nos poemas a Compostela parece que
foi axudado por Blanco Amor. O andaluz que afirmou “para min é mellor soñar que
vivir” morreu o 19 de agosto do 36, o mesmo día que Ánxel Casal.
O Derby inaugurouse
no 27.Camilo Díaz Baliño decorou o friso. Alejandro Finisterre, diseñador do
futbolín aínda que sen patente, fixo vangardistas percheiros. Valle Inclán
estudiara en Santiago, que ten “a soidade, tristeza e a forza dunha montaña”.Volveu
nos últimos meses aqueixado dun cancro para que o tratase o doutor Manuel
Villar Iglesias. Viña á tertulia, como tamén facía no Café Suízo. Orientábase
cara a fiestra que daba ó Castromil.Escribiu La Lámpara Maravillosa baixo os efectos da pipa de cáñamo, como
Huxley en Las puertas de la percepción.
Grazas polo perfecto resumo. Apertas.
ResponderEliminarGrazas polo perfecto resumo. Apertas.
ResponderEliminarUn placer para un que, coma ti, ama esta cidade de pedra
ResponderEliminar