Tributo no día do centenario (18 maio de 1916)
Ideas recollidas na ponencia de Emio Xosé Ínsua
no Ateneo de Santiago (18-4- 2016)
Ideas recollidas na ponencia de Emio Xosé Ínsua
no Ateneo de Santiago (18-4- 2016)
Presentou o acto
Euloxio Ruibal “que ven de sufrir un duro golpe persoal”. O conferenciante é o
investigador Emilio Xosé Ínsua, natural de Viveiro como os benqueridos irmáns
Vilar Ponte.
Hai versión
distintas de como naceron as Irmandades:
a)
Afíns a Aurelio Ribalta
b)
A Cova Céltiga arredor do Patriarca Murguía
c)
Ínsua é máis partidario dos irmáns Villar Ponte,
que argallarían todo en paroladas íntimas. Antón e Ramón mantiñan grande sintonía
ideolóxica.
Antón será o primeiro conselleiro das Irmandades.
En 1903, cando era boticario en Foz, contactou con Manuel Leiras Pulpeiro.Así
coñeceu a língua galega e o folclore popular.
Antón emigra a Cuba
e en dous anos e medio atravesa moitas fases. É moi crítico coas autoridades da
illa ás que define como “pelayistas”. Aínda quería recuperar esa colonia do
Caribe tras perdela no 1898. Pese a todo
defendía a igualdade de dereitos da súa poboación negra. En 1910, antes de
regresar, funda a revista Alma Gallega,
onde reivindica o rexionalis-mo galego. Tiña xa un sentimento
protonacionalista.
Envíano a Portugal
a traballar como xornalista. Alí viña de ser nomeada a República pero os
problemas sociais perduran como na monarquía. Así a cruda realidade. E os seus
ideais republicanos que tiña de mozo vence defraudados. Queda maravillado pola
normalización na fala do portugués. Nos
seus artigos vaise madurando o que serían as bases das Irmandades. En 1915 di
que é intolerable que non se edite ningún xornal en galego e non se explicase
na escola. “Non se coñecía a Rosalía pero sí se estudaban os ríos americanos”. “cando
eu me consideraba o derradeiro superviviente dun pobo suicida” chegou a
pronunciar Castelao en loa a Antón.
Rodrigo Sanz, líder de Solidaridad Gallega, é un dos que fai
propaganda galega en Madrid. A loita do catalanismo inflúe. En 1916 houbo alí
unha diada apoteósica en prol da lingua. Fundouse unha asociación, Nostra Parla, que foi o espello onde se
miraron as Irmandades.
Antón apoia o
manifestó catalán e presiona a Murguía para que faga o mesmo aquí. Pero non
acepta. Ó fundarse a Irmandade en maio asisten tres sectores:
-o de Villar Ponte e a súa muller Micaela Chao. Tamén Antón Chao, que morre xoven. Convertirase na primeira baixa do movemento en maio do 17.
-A dos colegas da redacción de La Voz de Galicia, por exemplo Fernández Merino. Pero pronto
abandonan.
-O terceiro sector eran os da Real Academia pero sen Manuel
Murguía. Só serán socios da Real Academia sete membros da Real Academia ó longo
da súa historia.
Manuel Murguía tomou duas decisión que
lastraron a Real Academia. Reducila a xentes do entorno da Coruña e aceptar a
persoeiros de nulo compromiso coa lingua.
As Irmandades
exixían maior compromiso da Real Academia, “que sempre mostrou neste aspecto un
carácter timorato”. Houbo un soterrado enfrontamento.
A fins dos 20
Vicente Risco e Otero Pedrayo ingresaron nas Irmandades. Non era algo casual.
Eladio Rodríguez, que presidía a Real Academia, era defensor da dictadura de
Primo de Rivera.
As Irmandades foron
“magmáticas” nos comezos. Había xente de ideas moi diversas. Servía calquera
con sentimento pola lingua.
A primeira foi a da
Coruña, 18 de maio do 1916,
tivo un tono republicano e de esquerdas. A de Santiago, celabrada dez días despois no actual instituto
Rosalía de Castro, e máis heteroxénea. Entre os compoñentes temos o líder obreiro
José Pasín ou Francisco Vázquez, xornalista
que seguía a Maura. Sacerdotes como Jesús Carro ou Manuel Vidal Rodríguez, que
escribía libros en galego. Gil Casares era moi de dereitas mentras Manuel María
González era republicano. Manuel Vidal quería que fosen católicas.
Había crises de
desafección. Marchaba xente constantemente. A de Ferrol tivo unha desfeita no 18 e logo revive nos 20 cando
se pon en marcha a Editorial Céltiga.
Jaime Quintanilla
abandona as Irmandades, colaborara na I Asamblea de 1918, para logo irse ó
Partido Socialista.
A de Ourense sufriu unha vida
fluctuante. Comezou sendo agraria e conservadora. Pero desde 1917 coa chegada
de Losada Diéguez será un dos polos de atracción de toda unha pléiade de
intelectuais.
Había un pulso
permanente entre o sector ourensán, apoiado polo de Baiona, e o da Coruña.
A de Ourense veían unha Galicia céltica, labrega e católica. Esa era a
súa utopía. A da capital herculina era
máis democrática, republicana e laicista.
A terceira é a de Lugo
no 1921. E a cuarta é a de Monforte.
Logo ven a escisión.
Antes se aparcaran
as diferencias ideolóxicas en prol da afianzar a lingua. Pero había proble-mas
máis grandes que rematan coa ruptura no 22.
Estaban na época do
bipartidismo ou caciquismo. As Irmandades quixeron romper con iso. Apostaban
pola participación electoral. Apoiaron a Lliga Regionalista de Cambó nas
eleccións parlamentarias de febrero de 1918. Querían darlle unha volta ó sistema da
Restauración. Pero sufriron agresións físicas. Luís Porteiro Garea foi tiroteado en Celanova mentres daba un
mitin. Só houbo un candidato que gañou, Calvo Sotelo. Foi un fracaso estrepitoso.
Parecía que este vieiro estaba amañado.
Entón divídense en
dous sectores.
-O avogado de Vilalba Luis
Peña Novo estaba ao frente da Imandade coruñesa. Quería presentarse ás eleccións
municipais,onde a xente vota a quen coñece. É dicir,comezar dende o chan. E
conseguirá ser elexido.
-Outros como Vicente Risco ou Losada Diéguez pensaban que
participar nos comicios é lexitimar un sistema corrupto, caciquil e
fraudulento. Imitan o modelo irlandés, país que
consegue a independencia no 21. Consistía nun “goteo continuo” para
convencer á sociedade para que se derrube o réxime.
As Irmandades na
súa historia apenas tiveron relación co movemento obreiro, que eiquí estaba
pouco organizado. Eles tiñan 700
afiliados e o PSOE daquela apenas 600.
Esto se aprecia ben en Xente ao
lonxe de Blanco Amor. Xa existían os boicots anarquistas. O campesinado
galego estaba constituido no agrarismo. Na época dourada das Irmandades da
Fala, de 1922 ao 25, hai un esforzó por acercarse ó mundo agrario para ter do
seu lado “ese exército con eles”.
A entente desfaise
cando se implanta a Dictadura. Os da Coruña sufren censura, inquina e
represión. Ánxel Casal tiña unha ficha
policial; había policías infiltrados cada vez que se reunía.
Joaquín Costa
pedira un ciruxán de ferro e o consegue con Primo de Rivera. Acaban colaborando
co réxime.Foron inxenuos. Houbo estupor dentro das Irmandades, que se
esfarelan. Manuel Antonio reflexou todo iso. Desaparecen entre outras a
Editorial Céltiga, a mocidade de Madrid, a revista Terra en Bos Aires… Só
resiste a Irmandade da Coruña porque ingresan os activistas máis xóvenes.
Os da Coruña eran
demócratas e republicanos. Desafiaban á Dictadura. Falamos de Ánxel Casal,
Bernardino Varela do Campo, Fernando Blanco ou Víctor Casas. Poñen en marcha
escolas que falan en galego. Cando Casal
non podía acudir ás aulas o suplía Luís Acuña.
Cando se achega o
final da dictadura, fervíase a súa descomposición, a Irmandade da Coruña quere
reunificar a ING (Irmandade Nacionalista Galega). En abril do 30 fan a 6ª asamblea. Por medio do
Pacto de Lestrove pactarán cos radicais de Lerroux. Loitaban pola democracia e
a república federal. Hai un debate. Adoptar a mesma táctica que a Irmandade da
Coruña ou reconstituir un núcleo puro do galeguismo que se preocupe de como vai
ser encaixada Galicia nun futuro réxime. Apostaban por “agardar e ver”.
O sector da ORGA,
Organización Republicana Gallega
Autónoma, colaborou con Casares Quiroga. O réxime tambaleou e caeu. O galeguismo so foi capaz de presentar
candidaturas puras en Pontevedra. Só conseguiu un deputado, Castelao. O núcleo pontevedrés,do propio Alfonso
Daniel e Alexandre Bóveda, constituen o Partido Galeguista en decembro
do 31. As Irmandades que foran resucitando tiveron que disolverse e convertirse
en delegacións do Partido Galeguista. En xeral, adquiriron diversos
matices e fasquías ata a actualidade. Non foi un cambio traumático, agás o núcleo
irmandiño da Coruña de Alfredo Somoza e Antón Villar Ponte. Non cabe
dúbida a que a súa incidencia e proxección cara o futuro foi tremenda.
O impacto cultural
das Irmandades, paralelamente ás inciativas políticas, sería como un II Re-xurdimento. Querían que Galicia tivera unha cultura
completa. A literatura galega, fomentada con moitos certámenes e banquetes
literarios, xa non será só poética senón tamén prosa, en-saio, xornalismo,
teatro… Fomentan revistas e xornais e xorden as primeiras editoriais fortes:
Céltica, Lar ou Nós. Creanse gramáticas e diccionarios. Volcáronse nos coros
populares. Apoian a arte, pintura e escultura.
“Asorey convírtese no
escultor da raza”. Daniel de la Sota, ao
frente da Deputación de Pontevedra, apostou polos artistas. En canto as artes plásticas, a pintura
galega fixera un esforzó por poñerse en pé.
Francisco Llorens e Carmelo F. González axiña quedan caducos. Álvarez
de Sotomayor representaba o academicismo. Salvo Colmeiro, Arturo Sou-to e Luís
Seoane os demais quedaron ancorados nunha reivindicación paisaxística e
labrega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario