lunes, 14 de octubre de 2024

Teño que marchar


 Non podo. Dóeme achegarme ó mar no inverno. Se silba o vento síntome desprotexida. Un grao de area. Lembranzas entran por unha orella e fan remuíños nos miolos.


Palpito distinto. Tremo. Tento distinguir onde chega a liña do horizonte. Conto os días que faltan para o verán. Vólvome melancólica. Non. Mudo a triste. Sinto frío. Vai caer a noite. Volvo ó lar antes de estragar un nocello. As farolas danme simetría e paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario