*Conferencia de Javier Peña no salón de actos da Biblioteca Ánxel Casal (24-IV-23)
Javier lembra que cando encallou o Mar Exeo lle deron
día libre na escola . E cando derribaron as Torres Xemelgas o Diario
As tamén os mandou para casa. "Un mide o boa persoa que é segundo o
tempo que tardou en masturbarse tralo 11S".
"Traballei na Xunta
escribindo discursos para conselleiros, os últimos cinco anos para unha persoa
corrupta. Me autocensuraba todo o tempo. Sempre me tachaban os parágrafos
bonitos". Foi cando quixo crear algo para el. Escribiu as dúas
novelas antes de que se publicara algunha delas. A primeira, Infelices no 2019, foi para non pagar un
psicólogo. Preparouse a fondo para as entrevistas dos medios de comunicación.
Francino preguntoulle moito polo traballo na administración. Peña quería
aproveitar algunha das frases que aprendera e,"para ser un pedante",
citou a Aristóteles e Benjamín Prado cuestionouno.
"Seremos refugallos de
Sogama. Hai ano e medio morreu meu pai e fixemos algo ilegal. Arroxamos as
cinzas xunto á Torre de Hércules". Encargouse Fernando, o seu irmán, pero
a nai tiña medo de que caera ó mar.
Na Feria do Libro de Madrid, en setembro do 21, quedou perplexo porque a xente pasaba con palanganas. Seica era unha petición da Boticaria García. En San Jordi 2022 foille peor. Houbo unha granizada enorme. E a Peña caeulle no xeonllo unha mesa de madeira onde pouco antes estivera Pablo Iglesias.
Logo orientouse a falar da
infelicidade dos escritores.“Temos un gen.Os optimistas non me interesan”. Os autores infelices teñen unha infancia dura.
Encamados, enfermos ou alomenos solitarios. Buscan novos mundos para evitar a
súa triste vida.
Case todos os que escriben
consideran que deben ser lidos. Os creadores teñen que ter o seu punto de ego, moitas veces acompañado de
inseguridade. Moitos son narcisistas ou pouco humildes, ás veces herdado dos
seus pais.
Moitos escritores teñen sentimento
de fraude. “Penso que non se pode gañar
ó xadrez por sorte. Pero en cambio hai escritores afortunados como os que
fixeron Moby Dick e o Gran Gatsby.”
"Outros son moi malas persoas. Pero eso tamén ocorre cos músicos". E abundan os envexosos. Virginia Woolf, que era moi orgullosa, envexaba a Katherine Mansfield. A neozelandesa morreu moi nova por tuberculose ou gonorrea. Hemingway tiña unha enorme rivalidade con Scott Fitzgerald e con todo o mundo.
“Moita xente escribe para ser famosa. Eu penso que eso non é o obxectivo”. A Suzanne Young non lle acudiu ninguén a unha presentación. Pero esa triste historia converteuse nun tweet viral.
Karen Blixen, a autora de Memorias de África, converteu a súa casa nun museo. Para conseguilo pediu axuda ó pobo danés. Recaudou 80.000 coroas. "O mellor exemplo de mendicidade da historia".
Coñeceu a Sara Mesa na Residencia Literaria do Gaiás. A sevillana di que alí non teñen ningún éxito as presentacións de libros. A Mo Yan, Premio Nobel Chino, só acudiron 3 persoas. Algo similar lle aconteceu a Peña en Ponferrada.
Contan que Carlo Pardial, polifacético autor de Doctor Portuondo, un día non recibía visitas na súa caseta dunha feria e chegou un pai co seu "fillo gordo". Só asinou ese libro. Pero o neno tusiu e o escritor catalán colleu a varicela. "As presentacións son unha tortura. Gañas pouco e te expós moito".
"Hai que normalizar o fracaso na literatura, algún día vai chegar. É o que chaman a infinita tristeza dos desexos cumplidos". Andrea Abreu triunfou con Panza de burro e tras tres anos non se sabe se vai publicar outro. Está presionada polo éxito.
Sempre tivo medo de ir o médico,
como Bolaño. Morreu aos 50 anos por un problema de fígado.
Tardou moito en ir canda o doutor e logo xa era tarde. En Los detectives
salvajes apréciase ese pavor. Nun
vídeo Bolaño comenta que o oficio de escribir é bastante miserable
aínda que a xente pensa que é magnífico. “É propio de canallas e tontos”. Falou
mal de moitos compañeiros de profesión, sobre todo dos que tiñan máis
sona. Cando estaba enfermo e debilitado díxolle o seu amigo Rodrigo
Fresán "Só son un personaxe dos teus últimos anos" e o autor chileno respondeu
con sorna "peor sería se foses un personaxe de Allende".
Pasou fame e hoxe é un dos escritores españois máis recoñecidos do mundo.
Chegou a Cataluña en 1977 e ata 1995 non tivo un pc. Moitos dos
seus textos foron rexeitados. Tiña once obras publicadas cando morreu e agora
vai por vinte tres.
Pío
Baroja, en El árbol de la ciencia, emprega unha frase de Shopenhauer, "a máis coñecemento,
máis dor". O de Gdansk "era un bo amargado".
O escritor Mishima sufriu
unha turbia relación coa súa avoa e co pai. O proxenitor quería que o seu
fillo fose funcionario. Tardou moito en claudicar. "Vale, pero serás o
mellor escritor do país". O derradeiro día da súa vida secuestrou un
cuartel coa súa milicia fascista. Quería dar unha mensaxe "Xapón ten que
rebelarse". Pero como non lle fixeron moito caso elexiu a que consideraba
unha morte digna, o
harakiri.
Wawrinka, gañador de tres
Grand Slam, ten tatuada unha frase motivacional no brazo sobre a necesidade de
inistir unha e outra vez. En realidade foi un dito de Samuel Beckett
en Rumbo a peor. O irlandés se refería a outra cousa, poder
regodearse no fracaso.
J. R. Moehringer é o autor das biografías do príncipe Harry e de Agassi. A do tenista “é interesante na primeira metade, logo menos cando fala ben de Steffi Graf”.O pai estaba obsesionado con que fose o mellor do mundo. Comprou unha casa onde puido instalar unha pista. Andre odiaba o tenis. Cando gañou Wimbledon e chamou o seu pai este lle preguntou "Cómo perdiches o segundo set?"
No hay comentarios:
Publicar un comentario