Presentación de Obra Maestra de Juan Tallón
Na Libraría Cronopios de Compostela ( 24-III-22)
Un tipo divertido. Mordaz. E, se non forma parte da máscara,con gran facilidade para perder o fío. Inspirouse nunha noticia da prensa. No 2006 houbo unha filtración de que desaparecera unha peza que estivera vinte anos antes na inauguración do Reina Sofía. Estaba almacenada nun polígono en Arganda del Rey. Escarnio internacional. Os catro bloques de aceiro pesaban 38 toneladas.
Dez anos de escritura.“Teño
47,¿Cantos libros podo escribir se xestiono así o tempo?”Non abando-nou a idea pero
sempre procastinaba. Cando sentou rematouno en poucos meses. “Escribo rápido por
medo a morrer en metade do proxecto.Non me importa facelo mal se teño o
primeiro manuscrito”. É como unha
montaxe cinematográfica. Ten partes de novela, ensaio, crónica xornalística…
“Comeza polo final, algo que xa fixeron moitos antes. Pero hai que ser quen de non revela-lo misterio. Empeza moi arriba e por iso asumo riscos. Hai que loitar para que non caiga”. Para iso serviuse da polifonía, máis de setenta voces. Richard Serra fala en 6 dos 78 capítulos. “Cada voz ten que aportar algo único, quizais non definitivo na investigación policial pero si suma coas demais”.
Na súa búsqueda
das fontes fixo un exercicio de paciencia para conseguir a causa xudicial. “Planteeino
a longo prazo, como unha xogada de xadrez. Recurrín todo á instancias
superiores”.
Pensa que un escritor ten que ser todopoderoso, non ter que andar a pedir permiso para todo. “Fixen unha gran bola, como unha plastilina de cores,e xa non distingues o que é verdade e o que non”.
“Non falei con Richard Serra. Non me parecía produtivo. Non é un traballo xornalístico. Así parece que me daba todo feito. Non creo que me aguantara máis dunha hora. Lin os seus artigos e entrevistas desde os anos sesenta. Non creo que teña queixa, dediqueille un libro enteiro.”
Hai humor pero non
banaliza coa arte. A Carmen Giménez, fundadora do Reina Sofía, mandoulle dous
exemplares.
A Natividad
Pulido, xornalista do ABC, “non lle preguntei como conseguira a exclusiva,
aínda que me apetecía. Non me servía o seu
testemuño se non o manipulaba así que inventei como conseguira a información”.
En xeral a xente quedou satisfeita. Pero faloulle por Instagram un tal Franco Batiatto nun perfil con 0 seguidores.“Menciónasme dun modo caprichoso e inxustificado”.Comentáballe no chat público ata que o bloqueou. Acaso podería ser un tradutor que estivo nas conversas entre o artista californiano e Tierno Galván no 1981? “Atopei o contacto e non me gustou como falou e pensó que mentía”.
Informouse da carteleira de outono do 2005. Así un personaxe vai ó cine a ver La vida secreta de las palabras. Pero liscou á media hora olvidando un chapeu. Cuirosamente Isabel Coixet, sen rancores, fixo unha boa crítica da novela. Tallón na súa defensa engade que “os personaxes teñen que cumprir a súa función aínda que sexa desagradable”.
¿Onde estará a peza agora? “Seguro que a cortaron e foron levando en cachiños de mil quilos nunha Ford Transit branca e sucia; logo a partiron máis para levala sen sospeitas a unha fundación. Serra pensa que se convertiu en motísimas coitelas de afeitar. Mentras non apareza a lenda estará viva”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario