viernes, 5 de abril de 2019

Idiosincrasia ourensá

*Presentación de Guías Caninos de Bieito Iglesias
na II Semana da Novela Negra da Libraría Pedreira (1-IV-2019)

*Artículo publicado en La Región (8 de abril)


   Bieito acode con asiduidade ao Bar Marte en Compostela para escoitar conversas policiais. Sorpréndelle que todos teñen como obxectivo chegar aos xulgados de Praza de Castela.“Cando lin a Larsson dinme conta que era trostkista; de noite escribía e tomaba Marlboro e café”.

   En Miss Ourense lembraba, modificando algúns detalles, cousas que sucederan nos anos 60. A vida apoteósica falaba dunha noite de farra en Compostela. Tamén ambientou na cidade do Apóstolo un libro de temática política sobre a época de Fraga e o Prestige.  “Os que gobernan chamámoslle fodichas; son golfos, non lles preocupa a patria senón o patrimonio familiar. Prometen un posto de traballo a cambio dunha cita nun hotel pero logo non lle dan o emprego pois sería prevaricación”.

   “Ourense é un encoro de rás, non debería pasar nada”. Hai dous casos reais nesa cidade que están aínda por resolver. O xefe da Brigada canina suicidouse ante a súa muller. Outro policía tamén se quitou a vida tras entregar armas a narcotraficantes.  A maioría da policía das Burgas foi mobilizada para ir a Cataluña polo procés,só quedou un pequeno retén. 

   Guías caninos está ambientado no ano pasado.“Podería chamarse Patrulla Canina”.O detective Benito Marañao non é un intelectual senón “un desertor do arado”. É un personaxe fronteirizo. Quere vivir desto sen dar golpe. Resolve os casos case sen querer. A súa cultura procede das series e películas de Clint Eastwood. É culé e le os xornais deportivos.O seu neto foi maquis na Guerra e estivera enterrado fóra do cemiterio. Quere conquistar a unha compañeira de traballo pero para ter éxito nesa empresa ten que viaxar.

   Juan Madrid ten un detective e Montalbán elixiu a un antigo axente da CIA, que “en teoría non podían investigar delitos de sangue”.  Resultaba antipático escoller a un policía da ditadura.  Na tradición francesa investigan os xendarmes.  Pola contra, os ingleses sempre denigran á Scotland Yard, “como se fosen unas toupas”.Nunca resolvían os casos, como por exemplo o de Jack o Destripador.  Daquela a policía oficial non investigaba as pegadas, só había delación ou tortura. Aí é onde xorde o éxito de Sherlock Holmes.  “O detective ten que ser un xusticieiro e aliviar a desgraza”.
   As zonas pobres son as que forman as maioría dos corpos de seguridade. Os ghurkas nepalís eran maioría dentro das tropas inglesas que loitaron nas Malvinas. En Ourense hai moitos policías que proceden da Raia. 
   Na cidade das Burgas hai vinte ou trinta mil cazadores. Un deles é o seu pai que vive no campo e ten “tres escopetas e alguna ten sete tiros. Non lle da por matar a ninguén nos institutos”. Nunha ocasión o seu can atopou un porco que fuxira a varios kilómetros tan só con uliscar o cortello.

   Sempre introduce elementos humorísticos nas súas novelas. Incluso as obras máis dramáticas teñen un eco cómico no seu percorrido. É algo común nos escritores ourensáns. A Esmorga non permanece todo o tempo na gravidade pese a ser unha traxedia grega. Mesmo Risco fixo humoradas. O Carrabouxo fai chistes populares ó estilo de Castelao. Tamén os poetas. Antonio García Nóvoa ten un poema sobre a apertura dunha sucursal bancaria.  

   Pasolini fala da gioia do pobo, a alegría da xente da periferia. É unha maneira de estar no mundo, unha enerxía positiva que che permite sobrevivir ante situacións delicadas.
   O humor escatolóxico xa estaba no Decamerón ou nas Cantigas de Escarnio. A partir de Gullivert imponse un estilo moderno que é máis satítico como o de Bieito Iglesias.


   En Ourense hai unha gran afición ao rock and roll. Os anxos do inferno. Pero “Los Suaves teñen letras melancólicas, casi pertencerían o malditismo poético;neso son pouco ourensáns”.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario