*Xuntanza na Libraría Cronopios de Santiago
con escritores que tiveron que marchar (26-XII-2018)
*Gracias á mestra pola axuda ;)
Artículo publicado en El Faro de Vigo (13-I-2019)
Artículo publicado en El Faro de Vigo (13-I-2019)
*Foto de El Correo Gallego
María Alonso estivo dous anos de
bolseira en Escocia. “Cando volvía a Vigo botaba de menos as
chimeneas,fritangas e mesmo os hipsters de Edimburgo”.Na televisión cando falan da emigración contan
historias amables ou de éxito e ignoran as de desamparo.Ocúltase a cara
b. Avoga polo contradiscurso.No ensaio Transmigrantes
analiza o fenómeno migratorio dentro do sistema capitalista. Moitos
volveron máis pobres.Ela comparte piso pateira con descoñecidos.
Lito Vila Baleato é “fillo da
emigración de dicionario”. Ten tíos avós que estiveron en Bos Aires. O seu pai
era do Carballiño e a nai de Val do Dubra e coñecéronse en Alemania. Marcharon
pero non querían que lle sucedese o mesmo o seu fillo. Pero “Tratáronme moi
ben, moito mellor que aquí. Pero devezo por volver. Quizais se volvemos podemos
mudar algo”. Sángranme os ollos por ver tantos nenos na diáspora cando
Galicia se desangra demográficamente.
A avoa de Xavier Queipo marchou a Cuba trala
guerra.Meteuse no PC non por ideoloxía senón por ventaxas na cartilla de
racionamento. “Unha das catro pancas que move a evolución de todas as especies
é a emigración. Son todas traumáticas de inicio porque abandonas o teu nicho
ecolóxico e tecido social”. Alí, por reafirmación e nostalxia, comezou a escribir
en galego. “O peor das miñas novelas é a frescura dos meus diálogos porque no
día a día non podo falalo”.
Sufriu un desterro
que parece obsoleto, o servizo militar. Daquela eran vintesete horas en tren a
Barcelona. “Fixen unha trampa, unha arenga militar que me serviu para lograr 15
días de vacacións”. O seguinte éxodo foi voluntario. Foi 4
veces de asalariado a Terranova.Eran tres meses sen tocar porto.A tomar mostras
e ver baleas. Bacallao de almorzo, comida e cea. “Era repugnante e non me gustaba”.
Agás os sábados que había callos e os domingos cocido.
Viu un anuncio na
prensa na que pedían inspectores de pesca para a comunidade Europea, mandou
currículo e chegoulle un telegrama para facela entrevista. Empezou en febreiro
do 89. Os primeiros seis meses para contactar coa familia tiña que baixar á
cabina. En Bruxelas primeiro residiu en Moleenbeck, logo no barrio turco de
Saint Georges e agora no distrito congoleño. “Quizais non me interesa volver a
esta sociedade ruín que nos expulsou de aquí”.
Figueiredo foi de Erasmus a Sheffield.“Había un respeto dos
profesores maior que aquí”.O día do naufraxio do Prestige estaba nun
laboratorio de Oxford”.Non
podías facer un experimento no reactor nuclear cando había un gran partido de
fútbol porque os kettles chuchan toda a
electricidade”.
A relación de Anna
sobreviviu a cinco anos separados.“Pero sego sendo unha persoa libre”.
Integrouse non só no típico guetto latino. Cando remataba o Doutoramento tiña
cinco ofertas interesantísimas de traballo en centros de investigación pero morreu o seu pai. Fixo unha última
aposta, unha chamada ó destino, e mandou cen currículos en Galicia. E xurdiu a
oportunidade en La Salle. “Non son
desafortunada. O soldo de antes era moito mellor pero adícome á
literatura,escribín unha novela, falo con xente que estaba nos meus libros de
texto...”
No hay comentarios:
Publicar un comentario