*Mesas de debate do Cortocircuíto 2018 (CGAC, 4 e 5 de outubro)
Fotografías do perfil de facebook do festival
“Impórtame pouco
ser feliz porque non sei en que consiste”. Lapidaria. Margarita Ledo fala moi despacio ou moi rápido. Esta activista da
comunicación estivo exiliada nos anos 70 e moveuse polas fendas. Nos noventa
exerce como profesora de xornalismo en Compostela, logo o será de Comunicación
Audiovisual que arrinca na capital de Galicia no 2003.
“Nos documentais
tes que querer mesmo ó inimigo”. Fixouse
nun barco que ía de Vigo a Venezuela.Un castromil do Altántico. O Santa
María que logo se bautiza como Santa Liberdade foi asaltado no Caribe. “Non me entendín ben co produtor”. Liste, pronunciado Líster fala dun xeneral durante a Guerra Civil. En
Galicia non houbo fronte de guerra senón represión. “Eu son unha marxista nacionalizada”.
A cicatriz
branca é unha cinta máis
complexa de cine político. Fala da experiencia migratoria. Entran o silencio e
o fragmento.
“O cine galego ten
discontinuidade pero non comeza no 89”. As xornadas de cine de Ourense
celebráronse entre 1973 e 78 e falaron de algo que tiña sido velado. Lembra a
figura de Carlos Varela Veiga que morre nun accidente en agosto do ano 80; días
atrás filmara o Día da Patria.
Mabel Rivera, doída e indignada desde a
bancada, non entende que contraten a actores non profesionais coa excusa de que
buscan máis tosquedade. “Ofreceríanlle a
posibilidade de facer dirección de fotografía a un veciño que lle gusta tirar
fotos? A tele pública é pacata e vai para atrás en contidos; non emiten cousas
por medo. Fan unha política nefasta de
reemisións que nos fai moitísimo dano ó
exhibirnos excesivamante. Todos somos contribuíntes, pagamos a TVG pero eu
francamente tampoco a vexo”.
Reixa quere zanxar o debate e evitar
máis polémicas. “Os grandes inimigos dos actores son as televisións;nos
departamentos hai certo analfabetismo.Sempre buscan caras coñecidas. É un funil
do que non dan saído”. En Mareas había un actor que traballaba
como mariñeiro. Tíñalle que dicir ó patrón que ía a Coruña que viña a sacalo
carnet de conducir porque lle daba vergonza dicir que ía actuar.
Antón cascou
o ovo. “Fumos a primeira xeración
sen complexos e con sentido de pertenza a un país”. Salvou a vida hai dous
anos; “estou cargado de optimismo. A
peor secuela do meu accidente é que me arruinei como produtor”. Non hai que
autocomplacerse no victimismo. A axuda que se fai a festivais galegos como
Cortocircuto, Play-Doc ou Cineuropa é precaria.
“Hai unha guerra
entre a industria e o talento. Este ano Anxos Fazáns, Goteira ou Laxe nos
puxeron no mapa. A diversidade é a nosa
riqueza. O modelo de cine galego que tiñamos era perverso. Co diñeiro de Dhogs non estás cumprindo o convenio,
aínda que sexa unha xoia”.
Morris veu nacer todo. Firmou na
creación do CDG; “agora teño que pasar unhas probas para ver se podo facer un
casting”. A canle autonónica é un dos motores do audiovisual. Ó nacer negábase
a facer ficción. “Pasei por tódolos
auxes e decandencias”. Os seus últimos filmes son óperas primas dos directores:
con Anxos, Goteira e cun creador catalán. Paladeou Dezoito comidas. “Sigo considerando a Coira e Zarauza como novas
xeracións”. Como o fútbol chega a
tódolos fogares aproveitou para sacala bandeira. “Sempre me gustou ir a Balaídos pero unha época
era progre e oculteino”.
Sandra Sánchez foi a única alumna da
primeira promoción da Escola Imaxe e Son. Mestras ninguna. Eran os tempos de Urxa, Sempre Xonxa e Continental. Incidiu moito nela El Sol del Membrillo e tivo a posibilidade de facer un curso con
Víctor Erice. Fixo un documental sobre Bens, vertedoiro que hoxe é un parque.
Sempre coa mirada serena en temas incómodos.
A súa primeira longametraxe é Tralas luces. Coñeceu a Fernanda del Nido, produtora que
admitía películas fora do comercial.
Trala crise económica deu o chanzo da autoprodución. “A xente da miña xeración terá miles de
coleccións de VHS; Pilar Miró poñía na tele filmes de Fellini, Fritz Lang”.
Jorge Coira laiase de que moitos
técnicos tiveran que opositar para poder sobrevivir.Sorprende ó admitir que o
seu poder non é ilimitado:“Moitos directores van acojonados ó traballar con actores”. “Nos 90 os orzamentos das longametraxes
eran case todas entre un e dous millóns, non había cine de guerrillas”. Non lle
parece que os cartos invertidos en La
sombra de la ley, catro ou cinco millóns de euros, sexa excesivo para unha
película de ese xénero.
O público, ben
nutrido de estudiantes do audiovisual, tomou como heroína a Sonia Méndez . A olívica recala en
Compostela no cambio de milenio e sentaba a disfrutar das obras do Centro
Dramático Galego. Alí estaba Morris, “que xa fixera cousas transgresoras nos
oitenta”.
Xa ten bagaxe, xa
se considera viejoven.É guionista,produtora
e directora.Intrepretou en títu-los como Por
mí y por todos mis compañeros de Judas Diz “,unha boa miticada”.Dirixe o
festival Carballo Interplay “grazas ó
apoio institucional”.Foi a creadora da webserie Angélica e Roberta.
Non se morde a
língua, desde logo.Nos 80 flipoulle The
Young one, serie británica que se miraba na galega. O público que ve a canle
pública ten unha franxa de idade determinada; As pelis que emiten son ás tantas
da noite; os mozos gózana na rede. Teñen
en mente ter unha canle dixital, aínda vai á cola, para ofrecer outro tipo de
contidos. “Teño mil ideas e movidas para a TVG pero teño que pagar a autónomos”.
“Tivemos valentía.
Fomos fóra: a Cannes, Berlín… antes
de logralo recoñecemento aquí. Aínda que fagamos un segundo ou terceiro filme a
precariedade continúa” admite Felipe
Lage.
Lois Patiño fala en castelán. É fillo de
Antón Patiño e Menchu Lamas. “Na pintura a historia me aplastaba”. Era tan tímido que escondía os guións que
escribía. Abordou o cine desde unha perspectiva distinta. “O cine é un contedor
de todas as demais artes. O meu é moi plástico.
Costa da Morte xira cara a
paisaxe, ó romanticismo. Desde entón sería máis abstracto. Son conceptual, aínda non me acheguei á
narrativa no cine”.
Gravou en tres días con Novedades Carminha e montou en catro.
“Non é o normal pero cada proxecto ten a súa enerxía”. Cita a Godard “se tes 5
dólares fai películas que custen 5 dólares”.
“Gústanme cineastas
que exploran no contemplativo, nas novas linguaxes na profundidade da imaxe;
Pedro Costa é o tótem. Óliver e Xacio
producen as súas películas”.
Xacio Baño estudou enxeñería. Pero os
tempos marcan que hai que ser versátil.
“Pensar no futuro e tiras os dados. Hai que traballar hoxe e xa se
verá”. “É unha profesión, como di Xosé Barato, para xente rica porque non se
pode traballar todo o ano. Hai que ser exixente e non confundirse. As musas non
chegan soas de noite. Hai que traballar”.
No cine busca
identidade, relacionarse co mundo. En Trote
fixo unha coprodución con Lituania. Unha forma de aumentar os contactos. “Os
temas enseguida pasan de moda. Xa ninguén quere ver filmes sobre os emigrantes
de Calais. Ver pelis galegas de hai dous anos que botan na Tvg non chega.
Gustaríame que foran a outra hora”.
Lucía Catoira Pan gañou un Mestre Mateo
por Dhogs como directora de
fotografía. É concisa en verbas. Xoga coa precisión.Cando traballaba nun cine
quedou abraiada con Arraianos,un
híbrido de documental e ficción.Foi técnica de son. Na súa traxectoria influiu
o troco do celuloide ó dixital. Prende
unha luz esperanzadora. “Fracasamos, levantámonos e volvémolo a tentar”.
Brais Romero traballa como crítico
cinematográfico na revista dixital A
cuarta parede. “Son demasiado cobarde para dirixir. Nos precarizamos aceptando traballar de balde. Enganchamos
diferentes proxectos e non chegamos a mileuristas”.
Adrián
Canoura, mostacho en voga, fai unha antropoloxía punk de Galicia. Marcoulle
Joan Coen. “Sempre tiven dificultades de comunicación. Fun creador para non ter
que ir ó mar. Tería que estar de patrón
no Gran Sol. Traballo coas miñas taras e obsesións”. Gústalle a música,
fotografía, pintura… E o mundo de aldea
que vai desaparecendo.
Xa se picou moita
pedra pero hai unha ampla diversidade de camiños. Anxos Fazáns observa unha crise non só económica senón tamén
emocional e social. Somos unha xeración como moitas aspiracións pero con moita
frustración. “Hai moito finximento.
Temos tecnoloxía, internet… pero é difícil vivir deste eido”. Como
muller cre que “segue sendo necesario impor a paridade de xénero para que se
normalice”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario