lunes, 16 de octubre de 2017

Casiano de Prado

*Sesión do Ateneo de Santiago (9-10-2017)
*Un dos últimos procesos da Inquisición en Santiago

   Casiano de Prado foi un xeólogo egrexio. Non se entende como non  lle adicaron algunha rúa na cidade. Apenas conta cunha inscrición no friso do Paraninfo da Universidade.
   Pertence á cuarta xeración dunha familia de artistas. Foi, con Ezquerra del Bayo e Guillermo Shulz, promotor da cartografía xeolóxica. O mapa que fixo de Madrid aínda é aproveitable. Foi enxeñeiro de minas en Almadén e Río Tinto.Tan exixente que mesmo o expedientaron. Como paleontólogo estudou o home do Cuaternario en España. Convértese, cun espíritu máis deportivo, en precursor do alpinismo hispano; ascendeu ós Picos de Europa en 1853; adicáronlle un cumio xunto o Pico Llambrión,que é o máis elevado desa cordilleira.Como defensor da liberdade de pensamento criticou ós incumprimentos da Constitución de 1812 por tódolos partidos.
   Estivo matriculado en farmacia na Universidade de Copmpostela. Acudía, con Antonio Ferro Caveiro,ás tertulias da rebotica de Suárez Feire na Praza de Feijoo. Discutían de política,relixión ou ciencia. Eran devotos do liberal Juan Manuel Quintana, defensor de Copérnico e Newton.

   Os delatores foron dous estudantes de dezaseis anos.Esgrimiron que facía afirmacións heréticas. Tan falangueiro que non conseguía estar calado. Outra testemuña foi a do prometedor médico Xosé Varela de Montes. Denunciouse tamén a Xoán Antonio del Río, un dos seus camaradas de parola; Ramón de la Sagra fuxiu a Madrid para liberarse do Santo Oficio.

   Defendía a opción de Séneca polo suicidio. El non o fixo. Non cría na inmortalidade da alma. Tamén foi xulgado por ler libros prohibidos que soían chegar polo peirao da Coruña. “Volter, Rusó,Diderot e Dalembert”.  Casiano non contaba con orixinais senón manuscritos.


   O fiscal decidiu que era culpable. Detivérono o 3 de decembro de 1817.O conde de Maceda e dez alguacís foron ó amencer a detelo.  Asignáronlle a cela cinco, con xanela e aseo propio. “Jamás dirigía la vista sin que asomaran lágrimas en mis ojos”.Ese mesmo cuarto foi ocupado polo Conde de Montijo antes da abolición da Inquisición. 
De Prado foi aillado e interrogado arreo. Confiscáronlle os bens e declarouse insolvente.Tras 420 días confesou os seus erros. Pediu perdón pola falta de relixiosidade. Ía ser destinado a un convento pero ceibárono pola súa feble saúde. Xa non voltou a Santiago. Pero o seu arrepentimento foi circunstancial pois participou en sociedades patrióticas e defendeu A Coruña contra os realistas.Este paradigma amosa como a Inquisición Española non foi tan cruel. A pena capital aplicouse só nun 3 ou 4% dos procesos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario