*Conferencia de Hakan Casares en homenaxe do seu pai (8-3-2017)
*V Semana Cultural de San Rosendo do Seminario Menor de la Asunción
*Autor homenaxeado co gallo das Letras Galegas 2017
“Todos temos unha
visión idealizada dos nosos pais; pero se hai xente que pensa do mesmo xeito
resulta moi agradable”. Son moitos os que recoñecen a bondade do proxenitor de
Hakan.
Naceu en Ourense.
Foi moi novo a Xinzo. Era fillo dun mestre de escola, “o que non era garantía
de opulencia”.Era paciente e comprensivo cos alumnos e moi adiantado o seu
tempo. O propio fillo sería un dos seus pupilos. A nai, Manolita, quedou orfa
axiña e criouna un coengo. Tres dos seus irmáns acabarían por ordenarse como
sacerdotes. A nai falaba castelán e o pai galego. Casaron pouco despois de
rematar a guerra.
Era a España pobre
do primeiro franquismo. Carlos non pasou
fame. Había porcos, vacas e labranza. Non lle deixaban merendar na rúa para que
os nenos sen cartos non sufrisen máis.
Por influencia
materna acode ao Seminario Menor de Ourense. “Tiña vocación de sacerdote”.
Formouse no humanístico e persoal. O
profesor Agustín Madarnás recomendoulle ler a Azorín. Seleccionou unha das súas
redaccións como das mellores da clase. E instruíuno na importancia de escribir
con sinxeleza e claridade. Ademais nesa biblioteca formouse nos clásicos gregos
e latinos. Escribiu un xornal el só, El averno, que lían os seus mestres e
compañeiros.
Amígase con Antonio
Rodríguez, o bibliotecario de Xinzo, quen lle cedeu as chaves para que fose
cando quixese. Incluso lle deixaba pedir obras do seu interese. Afeccionouse polos
grandes da literatura universal, especialmente os xenios do XIX como Balzac ou
Dickens.
Abandona o
Seminario. Disgusto para a nai. “Alégrome porque senón eu no tería nacido”.
Fixo o bacharelato por libre. “Nunca estivo orgulloso da sú poesía”. Xa comeza
a gañar os primeiros certámenes literarios. Nun deles coñece a Vicente Risco
que pese a saber de todo nese momento estaba denostado. Tamén trata co pintor
Quessada e con outros intelectuais ourensáns. Forman unha tertulia. Carlos
disfrutaba moito. Era un excelente narrador oral. “Resultaba engaiolante”.
Contaba tódolos días á beira do lume e xamais repetía unha historia. Decicidiu
de forma consciente escribir sempre en galego.
Matricúlase en
filoloxía románica en Compostela. Entra en contacto coa vida bohemia. Coñece a
Ramón Piñeiro, benquerido amigo, que era o líder dos galeguistas do interior,
os que non emigraron. Casares comeza o
seu activismo nas asociacións de estudantes.
Publica os
primeiros contos na Revista Grial. No
67 Vento Ferido, un libro de relatos
“fáciles de ler”. Toca moitos dos temas que serán recurrentes na súa obra: o
amor imposible, a denuncia da violencia gratuíta, relativiza as posicións
encontradas… Será moi exitoso A galiña azul.
Comeza a exercer de
mestre en Viana do Bolo. Aínda non podía facelo en galego. Interviu nun
conflicto no comedor e o despediron, impedíndolle impartir clase en toda
Galicia. Marcha a Euskadi. Escribe Cambio
en tres. Tamén participa na edición porque xa formaba parte de
Galaxia. Inicia o seu labor ensaístico.
Estuda a obra de galeguistas senlleiros, Curros, Risco, Pedraio ou Ánxel Fole.
Retorna a Ourense.
No tren coñece a Kristina, rapaza sueca que traballaba en grandes veleiros. Ía
ir ao Caribe pero tivo un desencontro co capitán e baixa en Santander. Entón,
buscou outro navío para traballar. Viña en dirección ó porto da Coruña cando se
cruzaron. Carlos aínda non falaba ben o inglés.
Invintoulle a vir a coñecer Santiago antes de levala a tomalo barco á
cidade herculina. Ó final o perderon e as seis semanas casaron. “Un frechazo
importante”.
Carlos entra en
contacto con Suecia e aprende a falalo seu idioma con moita soltura.Tratába-se
dun país que nos 70 eran moi diferente a España. Unha sociedade igualitaria e
con moita solidariedade. Non había ninguén sen fogar. Nin persoas que se
aproveitasen dos servizos sociais.
Gaña as
oposicións e asígnanlle un centro público de Cangas. Axiña o expedientaron
porque era un claro opositor á Dictadura. Xoguetes
para un tempo prohibido foi moi popular.
Comeza a súa obra xornalística.
Escribiu un artigo diario durante unha década. Primeiro en La Región e logo na sección “Ledicia de ler” de La Voz de Galicia.
Entra na RAE. Foi o
membro máis mozo en acceder. Consciente da importancia da internacionalización
da lingua, traduce El Principito ao
galego. Daquela case non había literatura universal en galego.
Os escuros soños de Clío introduce a
temática histórica pero tratada con sentido do humor. Ilustrísima fala da tolerancia.
Tivo un fugaz paso
pola política.Foi unha experiencia efímera de catro anos.Influiu o seu
compromiso con Ramón Piñeiro. Os cataláns e os vascos ían gozar de certo
autogoberno e non estaba tan claro que os galegos o lograsen. Non querían un
agravio comparativo. Carlos forma parte do primeiro Parlamento Autonómico. Foi
independente pero nas listas do PSOE. Quería que o galeguismo fose algo
transcendental ós partidos. Puxeron o xerme da lei de normalización
lingüística. Conseguirán a presencia do idioma de Rosalía na televisión, radio
e ensino.
Sucede a Piñeiro ó
fronte da Editorial Galaxia, que dirixirá ata o seu pasamento en 2002. Cando no
87 escribe Os mortos daquel verán non
era habitual que se falase da Guerra Civil.En literatura infantil adicará catro
volumes a Toribio, un neno inventor
de oito anos.
A súa nova sección
en La Voz chamase “Á marxe”, nun
xornal que tiña pouco contido en galego.
Adoitaba estar na derradeira páxina e acostumaba ser o primeiro que lía moita
xente. Quería que resultase atractivo, sinxelo e doado de comprensión. Roubáballe
moito tempo. “Cando non tiña o tema agustiábase un pouco”.
Finou Piñeiro e
escribiulle unha biografía en homenaxe. Gaña o Premio Julio Camba de
xornalismo. Nos noventa invítano a universidades de medio mundo, en Cuba, Rusia
ou Estados Unidos. Convídano a viaxar en tren, medio que lle fascinaba, con
outros escritores por toda Europa. E noméano delegado de ACNUR en Galicia. No
96 chega a presidente do Consello da Cultura Galega. Reflexiona sobre o papel dos intelectuais en Deus sentado nun sillón azul. “Levoulle
moito traballo porque non era un autor que escribise de forma espontánea”.
Escribiu sobre Hemingway,do que traducira El
viejo y el mar, pois “lle gustaban os tipos peculiares”.
“Perdín o meu pai moi
novo”. De súpeto atopouse mal e morreu dun infarto. O sol do verán foi o seu testamento literario, “A primeira obra que
me deu a ler”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario