Relatorio de fomento da lectura
XIII Simposio O libro e a lectura
no Consello da Cultura Galega (15-12-2016)
XIII Simposio O libro e a lectura
no Consello da Cultura Galega (15-12-2016)
Xabier Docampo é un
activista en prol da lingua galega. Un cinéfilo empedernido. A súa
especialidade gastronómica é o peixe sapo con avelás aínda que “a última vez
saliume fatal”. Catro décadas de docente.
“Hai que ir morrendo. Xa debo ter feito de todo”. Fala sentado. Un privilexio da idade. Viste
unha bufanda numérica moi xeitosa.Principia cuns versos de Pessoa.
“Meu pai que era analfabeto dicía que o colexio era para
aprender a ler, escribir e a regra do tres.
Na miña escola, salvo a Enciclopedia,
os libros estaban pechados nun armario con chave. A lectura leva a sentir a
compañía dos outros, do escritor, dos personaxes e os demais lectores do
mundo”. Ler non é un acto solitario.
A literatura é o
reino da dúbida fértil. “Adoro máis as dúbidas existenciais que as certezas”.
Xa dixo Bukowski que o problema do mundo é que a xente intelixente está chea de
dúbidas.
Moitos comerciantes
que acuden ós colexios fan “o libro con bicho”; se lle compran uns corenta
exemplares tráenlle ó autor para que fale cos nenos.
Ler é falar con
Deus. Someter o seu dictado a nosa subxectividade. Borges
díxolle a Ernesto Sábato: “Deus é a máxima creación da literatura
fantástica”. Machado cría que o que fala
só agarda poder facelo algún día coa divindade.
Os sete sabios
gregos mandaron inscribir no frontispicio de Delfos “Coñécete a ti mesmo”. É precisamente a lectura a que levanta o veo
que nos impedía saber máis de nós. “A
lectura ou é subxectiva ou non vale para nada”.
Serve para formar cidadáns
con rebeldía para combatelo mundo. “Ler xornais deportivos só te conduce á
Presidencia do Goberno”. “Na dictadura argentina prohibiron O Principiño, cando está á beira do
cursi”.
“Para as lecturas
infantís sempre buscan humor e personaxes sinxelos e triunfadores. Escenarios
comúns e ausencia de descripcións. Por que non a Metamorfose de Kafka? Gústalles Geronimo
Stilton pero iso é comer Donuts a
cotío”. “Tódolos libros deberían ser
ilustrados; incluso a guía de teléfonos para verlle o careto á xente”.
Imos anticipando o
que lle pasará ós personaxes segundo a nosa formación e experiencia vital. Se
se confirma prodúcenos satisfacción e gozo. Se hai desconcerto non é
frustrante.
“Coa vellez releo
máis. Xa non te acordas de nada. É un disparate opinar dun libro ou película
que viches só unha vez”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario