miércoles, 1 de febrero de 2017

As facianas de Maside

*Exposición "Rostros"de Carlos Maside na Casa do Cabido
 
   Observación e síntese.Simplicidade expresiva nas liñas. Acotío deixa sen realizar trazos que non son esenciais e exaxera os característicos. Fixo debuxos a lapis, pluma e sanguina. A maioría os publica na prensa dos anos vinte e trinta. Tralo Golpe súmese nun confinamento interior.

   Debuxou a Rosalía de Castro malia que xa morrera cando el naceu. Cúmprense cento oitenta
 anos do nacemento da poetisa. Quen lle ía dicir á autora de  El caballero de las botas azules que un
 día tería un aeroporto co seu nome?
   Coñece a Manuel Antonio a través de Dieste. Os tres serán parte da Xeración Os Novos, así bautizados por Risco, que colaboraron coa Xeración do 27. Os piares da vangarda galega.
   Maside fíxolle un retrato sedente mentras fumaba ó seu amigo e reitor Rodríguez Cadarso.

   Xosé Eiroa foi un escultor vencellado ao grupo de Os Novos. A súa temática estrela é o tema da muller. O compostelán foi un dos colaboradores máis activos das Irmandades da Fala.
   Valle ó final da súa vida pasea moito pola Alameda de Santiago con Cunqueiro e Maside. Tratouno da vexiga o doutor Villar Iglesias. O retratista fíxolle unha caricatura no leito de morte.
Con apariencia de clérigo aparece este médico. O cortexo fúnebre do escritor de El Ruedo Ibérico partiu do seu sanatorio ata Boisaca.

   Antón Vilar Ponte é o presidente da I Irmandade dos Amigos da Fala na Coruña no 1916. Conseguiu unha acta de deputado en febreiro do 36 co Partido Galeguista na Fronte Popular pero morre axiña.
   Coñece a Lorca en maio do 32 aínda que tiñan amigos comúns como Jesús Bal y Gay e Eugenio Montes. O andaluz fora invitado polo Comité de Cooperación Intelectual.  Ambos colaboraron xuntos nas revistas Resol e Cristal.
   Raimundo López Pol foi elexido alcalde de Compostela nas eleccións municipais do 31.Loitou polo Estatuto de Autonomía. Maside o retrata coa man dereita alzada dirixíndose a un auditorio. Os únicos anos que pasou lonxe de Santiago, cando a guerra, foron os de desterro en Cuba. 

   Ánxel Casal fundou a Editorial Nós. A partir do número44 a revista terá a Risco como director literario e Castelao como director artístico. O obradoiro tamén imprimía A Nosa Terra, órgano oficial das Irmandades. No 33 a imprenta instálase na rúa do Vilar, frente a casa de Maside.
   Requerido polo Seminario de Estudos Galegos Bóveda colaborou nos temas económicos do estatuto de autonomía. No 34 o novecentista é desterrado a Cádiz. Peor lle foi tralo 36. Sufriu un xuízo sumarísimo e foi execautado na Caeira.
   Con óculos aparece Manuel Lugrís Freire que ten un currículo sobresaliente. Foi cofundador da Real Academia Galega, as Irmandades da Fala e o Partido Galeguista.  
   Azaña defendeu a Constitución de 1931, republicana e non confesional. Trala sublevación militar do 36 declarou “Paz, piedad, perdón”. Morreu poco despois no exilio francés.


   Cándido Fernández Mazas fixo artículos e ilustracións gráficas para La Zarpa, El Pueblo Gallego, El combatiente Rojo, PAN e o POUM, que dirixía Eugenio Granell. Coincidía nas tertulias madrileñas co pintor Urbano Lugrís.

   Castelao pasou polas súas mans máis dunha vez. Non falta o lazo. Maside foi o ilustrador de Retrincos. “Fíxenme médico por amor ó meu pai; non exerzo por amor á humanidade”.
   Consérvase un retrato á liña de Manuel Portela Valladares, político liberal que durante a dictadura de Primo dirixiu El Pueblo Gallego de Vigo. Invitou a Maside a colaborar no xornal.
   Inmortalizou a Ramón Cabanillas, Poeta da Raza que emigrou a Cuba, de perfil, con pucho e mostacho.    

   Tocando a zanfona e cun peiteado moi da época está Faustino Santalices, que tamén lle daba a gaita. 

      Aquillino Iglesia Alvariño foi un poeta que bebe do imaxinario de Amado Carvallo e o vangardismo de Manuel Antonio. Traduciu ó galego a Horacio e Teócrito.
   José Couselo Bouzas, que tras ser alumno de López Ferreiro, tiña inquedanzas na historia e
arqueoloxía. 
Con Vicente Risco tiña bastantes diferencias ideolóxicas. Retratouno cun medio sorriso.
   O sindicalista Suárez Picallo estaba en Madrid con Castelao cando comeza a guerra. Tivo un exilio moi itinerante, Francia, EEUU e Chile,para voltar a reunirse co rianxeiro na Arxentina.

   Temos un perfil de Alberto Ínsua, fillo dun emigrante galego en Cuba. Fundou o Centro Galego de La Habana. Durante a Gran Guerra foi correspondente de ABC en París.

  Jesús Bal y Gay foi un musicólogo lugués que participou no 1924 na fundación da Revista Ronsel. Como Maside e Ben-Cho-Sey en 1930 enrólase na Agrupación Galega Republicana Autonomista.

   O poeta ourensán Antonio Rey Soto aparece recitando.Foi compañeiro de Basilio Álvarez, líder do agrarismo galego. Nos últimos anos o escritor comprometido retírase ao mosteiro de Poio.

   Enrique Rajoy Leloup, orondo e con cabelo encaracolado, foi un profesor de dereito civil que perdeu a su cátedra tralo Golpe de Estado do 36. Outro mestre foi Armando Cotarelo, desta banda de lingua e literatura castelá. Entrou na RAE no 29 canda Cabanillas.
   Victoriano García Martí soubo relacionarse.Realizou estudios de socioloxía na Sorbona con Durhein e Bergson. Contactou en París con María Casanova e foi amigo de Ortega e Azaña.

   Laxeiro foi un fabulador nato. A súa pintura fala dun mundo auroral e esperpéntico. Durante a II República expuso con Carlos Maside en La Barraca, os xoves, na feira de Santa Susana.
   A José Bullejos, militante do PCE e logo do PSOE,debuxouno no cárcere Modelo de Madrid. Foran ambos acusados de asinar en decembro do 30 un manifesto que apoiaba a instauración da República.  

   Otero Pedrayo, “unha das súas musas”máis habituais, mantivo unha estreita amizade con Maside dende os anos vinte. A autor de Arredor de si asiste a tódalas súas exposicións.
   A vida de Luis Seoane discorre entre Bos Aires e Galicia. Asiduo das tertulias do Café Español.  Colaborou con Maside e Laxeiro nunha exposición de arte galego exposta na facultade de Filosofía e Letras de Compostela. Publicou ensaios como Maside gravador ou Castelao artista.
   Cunqueiro ademáis de escritor foi gastrónomo. Membro do Partido Galeguista porén militou en Falange Española durante a Guerra.Logo o Réxime Franquista lle retira o carné de xornalista.
   Ánxel Fole ten xesto de preocupación. Ó estalar a Guerra militaba no Partido Galeguista. Neumandro,alcume do lucense,crea Yunke na que colabora Maside con xilografías e estampas.
   Valentín Paz Andrade dirixiu o xornal Galicia e a revista Industrias pesqueras, na que colaborou
Maside.Pasou uns días na cadea de Vigo por orde de Primo e o de Pontecesures acudiu a visitalo.
   Ramón Piñeiro fora elexido secretario do Comité Provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía. Logo foi detido e segue en política na clandestinidade. Será o director da Editorial Galaxia. Exerce maxisterio espiritual sobre os mozos universitarios na súa morada. Elabora o ensaio Carlos Maside na miña lembranza, na que o analiza como intelectual e artista.
   Mony Hermelo era unha actriz e recitadora casada. Aquela xograresa, segundo Alonso Montero, convertiuse en musa de moitos artistas e poetas.
  Uxío Novoneyra foi o poeta do Caurel.Devoto do paisaxe desta Serra,das vangardas europeas e da lírica galaicoportuguesa.Acostumaba facer recreacións fonéticas de fenómenos sensoriais. Ós dez anos do seu pasamento xa chamaban á porta para concederlle o día das Letras Galegas.
   A Borobó,xornalista de gran traxectoria,sorprendeulle a Guerra estando becado na Universidade de Verán de Santander.Combatiu nas filas do Exército Republicano e estivo preso en varios campos de concentración.Tan fiel a Maside que o artista nomeouno albacea testamentario
   Díaz Pardo crea a Fábrica de Cerámicas do Castro. No 63 funda na Arxentina o Laboratorio de Formas de Galicia con Luis Seone onde restuaran a produción da cerámica de Sargadelos.
   Xogando o xadrez está Celso Collazo, que fixera crítica literaria de Lamas Carvajal e Curros.

   Xulio Maside, habitual aínda nos círculos ilustrados, estuda Medicina pero axiña recibe influencias do seu tío.  No 2014 o Auditorio de Galicia realiza unha retrospectiva da súa obra.

*Se queres coñecer en profundidade o epistolario de Carlos Maside
pincha en  http://horchataenlasvenas.blogspot.com.es/2015/07/as-amizades-de-carlos-maside.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario