Xerardo Estévez e Gallego Jorreto explican a súa idea de cidade.
Dous arquitectos de
renome aterrizaron no Gaiás. Jorreto tenlle“un gran respecto a Eisenman pero a
súa arquitectura non me interesa nada“. O de Carballiño queixase da falta de
funcionalidade e comodidade do complexo e da reverberación do auditorio. Xerardo
Estévez eloxia que a Cidade da Cultura teña una arquitectura orográfica que
complementa un monte que pertencera á Caixa de Aforros da Coruña. Copiar o
rueiro da améndoa foi unha idea conservadora. Cre que se aplican a conexión coa
autopista o volumen de visitantes a Compostela será menor.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgssQMtBAhSCo0CISSMWgOfkUm4RGE8RTNeMBpwbpPuc0kkSzZTukJxxYVCLzuwU0mthjNMH_MRmHg2mrwLGeYfsLktssHx8t09Fn81BSre7wwmh537r6UIqsPWfOCaYRIBuR9DgVdjMKpQ/s1600/xerardo+estevez.jpg)
O alcalde chegou ó
concello no 79. “Non tiñamos nada de caste; éramos xenerosos,
dialécticos, emprendedores, con ganas de recuperar o pasado… Aínda sonaban
tambores militares”.
“Os escritores
fixeron máis pola cidade que os urbanistas”. Admira a Baudelaire, Whitman, Dickens ou Platón, “aínda que ten
loucuras sobre a gobernación”.Cada urbe necesita un relato.
“Santiago é a
cidade que mellor manexa a topografía do mundo”.A vexetación que afeaba a
Catedral era “verdinegra”para Valente e“parduzca”segundo Rosalía.“Torrente e
García Bodaño chegan á alma de Compostela”.A zona vella hoxe está salvada. Pero
non hai caer en iniciativas como “o Zara de turno, hoteis con encanto ou
aparcamentos turísticos. Eso é chuvia miúda”.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEii-ly-2rNBapY09KIPFRbaJzFcZELu3LeVxDucqzRcSJf2l3ohynz6Rlkp7rO2aU_IDHJsflNx-ZA6d45AVunbgEEqIduS-b25473YWB3v24j6cPm-6q3xUKP4BtjIWdiAPCkFGU02TlnN/s1600/xerardo.jpg)
O home que ideou Cineuropa vislumbra vida
pasaxeira ás Smart Cities. A
arquitectura é o que ocurre cunha obra pasados dez anos, como propuxera
Tusquets. O perenne problema é a “sempre
farragosa normativa”.
O rei vai tódolos
anos a entregar premios a cidades do norte pola súa sostenibilidade. Nunca en
Galicia “¿Qué nos pasou?” “Para vivir mellor destrozamos o país”.A Galicia
favoreceulle que está lonxe e o clima.“Sabemos cales son as paisaxes de culto
pero desde Franco tamén fixemos paisaxes de frustración”;un exemplo disto sería
a entrada dos peregrinos polo Camiño Francés.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg-DqllfmjbSdBoj2tFSgJu52dFs39Jthyo-LscZB7qHSdCS5EniinriI8iaQoiAQa17kiStBsHqxbfxHdPGlZswvV6Lwv5UFgqX4ZGdghg6y3pY8nBw0YaR4ClYQ4d2cieFAAdw4TXIT1J/s1600/gallego+jorreto.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario