O día no que
abdicou o Borbón visitou Xavier Castro o Ateneo Santiagués. O catedrático
de
Historia falou de viño mentres gargarexaba no peteiro o líquido elemento
coma se fose fluor.
Os españois tiñan
mellor padal para o viño que para a auga. Estas axiña se contaminaban pois alí
labavan a roupa dos doutes ou abeberaban ós animais. Así podía contraerse o
tifus.
Os taberneiros non
podían ter auga para non caer na tentación de bautizar os viños. Nas Co-medias
Bárbaras Valle Inclán fala do viño mouro, que sería o máis puro. Cunqueiro
informa en Escola de Menciñeiros de
que o“pretiosus Baccus”estaba
en casi todos os remedios medicinais.
Moitos son os que
adulteraban o viño para que fose máis oscuro,espeso e consistente.Chegaban a
engadirlle carne, ferro,xeso, cochinilla, moras ou pau de Campeche. Tamén
fucsina, que contiña doses de arsénico, para aportar unha cor parecida o sangue
que era a máis apreciada.
Cafés, Ateneos,
Liceos e Casinos eran os centros de sociabilidade na era decimonónica. As
mulleres só podían acudir cando había bailes. Cando se difunde o agarrado os sexuitas presionaron as
autoridades municipais para que se evitasen esas danzas pecaminosas.
As Tabernas, con
mesas redondas comunais, estaban sometidas a certos controis. Non podían ter
cortinas para seren vixiadas desde fóra nin máis dunha porta para que ninguén fuxira
das redadas. Para evitar actos amorosos prohibíronse tamén os habitáculos
interiores.
Os Cafés,máis
propios do centro das urbes,eran espacios máis caros e burgueses.Eran hixiénicos
ó dispor de retretes e cuspideiras. Gozaban de decoración suntuosa e,ás veces,
de billares. Xornalistas e escritores acostumaban pasar moitas horas con apenas
un café e bicarbonato.
Nos anos vinte,
cando comeza a desaparecer o termo botellería,
triunfa en Santiago o Café Argentina e existía unha horchatería. Entón xurdiu o
Quiqui Bar, distinguido local do que
falou Bouza Brey. Ubicado no Edificio
Castromil ofrecía servicios de café, restaurante e bar de copas. No seu entorno
florecían limpabotas, vendedores de xornais… Cando languidecía o franquismo a
picota municipal derribou a construcción modernista a pesar das protestas
estudiantiles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario