Conferencia facultade de Filoloxía da USC
(24 de outubro de 2016)
María do Cebreiro
presentou a un home de “traxectoria
vizosa e marabillosa”. Nos últimos anos
abordou os vínculos entre literatura e cidade. Xa ten estudiado dabondo a
Torrente, Vargas Llosa, Emilia Pardo Bazán ou Sánchez Ferlosio. Pero, ante
todo, é un destacado cervantista como demostrou no seu discurso de entrada na
RAE.
Nas culturas analfabetas o oído leva á vista. O contrario ocorre no
mundo trala invención da imprenta por Gutenberg.
En Enrique
V de Shakespeare hai un coro que fala cos espectadores para contarlles unha
batalla. Pero, por ter unha escenografía pobre, solicítase á xente que potencie
a imaxinación.
Harold
Bloom escribiu sobre Cervantes e Shakespeare. Atribúelles a primacía dos escritores occidentais desde o Renacemento ata
agora.A poesía do Bardo ensina a falar con nós mesmos. Pero Quijote e Sancho se
escoitan e manteñen receptividade. “Intercambian rifas ou opinións”.Ortega y
Gasset percatouse que as palabras máis repetidas son“dixo”e“respondeu”.
Cen escritores de cincuenta e catro países
elixiron El Quijote no 2002 como a
mellor obra de ficción da historia da humanidade.A enquisa fixérona o Instituto
Nobel e o Club do Libro Noruego.
Vargas Llosa dixo
unha vez “Antes que nada Don Quijote de la Mancha é a imaxe. A dun
fidalgo cincuentón embutido nunha armadura anacrónica e tan esquelético coma o
seu cabalo acompañado por un campesiño basto e gordinflón montado nun asno”.
Incluso Valle Inclán destacou a “visualidade” de El Quijote.Unha obra da que se elaboraron as primeiras ilustracións
coñecidas incluso antes de que se publicara a segunda parte en 1614. Foi nunha
festa alemana que celebraba o bautizo do herdeiro.
Cervantes quería aproveitar os
recursos do insólito, do peregrino. “El
Quijote ten espectáculos de raíz barroca”, enredos con gran escenografía.
A maioría das
aventuras comeza con gritos que logo teñen que ser vistos. É que ver, mirar e
todo o campo semántico dos ollos son trascendentais en tódalas peripecias do
manchego.Apreciase esta redundancia no pasaxe de Doña Rodríguez do capítulo XLVIII.
Demostrouse que en El Quijote hai un xermolo de relato
curto. A modo de novela exemplar. Pero logo o de Alcalá percatouse do potencial
que tiña para facer algo maior.
As andainas do
fidalgo aproveitaronse para facer espectáculos de lanterna máxica desde o
XVIII.Logo adaptouse ó cinema.Calcúlase que máis de douscentas veces.Cervantes se
adicaría máis a séptima arte co teatro, “un falso amigo do cine con máis
limitacións”.
Como en La Eneida
hai moitos elementos precinematográficos.Cervantes resolve situacións con gags
e imaxes dinámicas.O cabaleiro ve unha realidade quimérica e distorsionada, moi
distinta do resto dos personaxes.A perspectiva de Sancho é máis fidedigna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario