*Conferencia de Xesús Alonso Montero
coa presencia de María Cebreiro e
Dolores Vilavedra (17-10- 2016)
Mes de Cervantes e Shakespeare na Facultade de Filoloxía da USC
“As augas de Alonso Montero viñeron salvar a
miña vocación”afirma Dolores Vilavedra.Do mestre destaca a tese sobre Curros
no 66,“un xesto e unha toma de posición”.E a sabedoría integral.“Non practica o
monocultivo”.Estudou a Castelao,Lamas,Machado…
Trala “encomiástica
presentación” comeza o monólogo do cervantófono.“Quizais teña lido El Quijote á lus do candil unhas oito
veces.Case sempre o teño na mesiña de noite”.
No curso 47-48 gañou
un concurso de Cervantes no Instituto Santa Irene de Vigo e lle regalaron Vida de Don Quijote y Sancho. Falaba de
sanchificación de Quijote e quijotización de Sancho. “Agora teño un diálogo
bronco con Unamuno, antes o tiña plácido”.
No 59-60 sendo
catedrático no Instituto Jorge Manrique de Palencia tiña que estar un ano con
cada obra. O primeiro foi coa mítica obra de Cervantes. Outro con El villano y su rincón, Historia de las
ideas estéticas ou Fábula de Polifemo
y Galatea de Góngora. “Había días que explicaba dous versos”.
Ó orador vigués
sempre lle tira falar de ideoloxías.“Cando quería saber sobre o marxismo lía
libros sobre o anticomunismo”. E engade “El
Quijote quería resucitar a cabalería andante. Era un programa premarxista”.
De feito cando Che Guevara marcha para Bolivia no 67 exclama “de nuevo mis
talones sobre el costillar de Rocinante”.
Deslumbrouno un
libro de Santiago Montero Díaz publicado no 57, Cervantes, compañero eterno, termo que acuñara un escritor ruso. No prólogo cita a Manuel Azaña, “a persoa máis
detestada polo Réxime” que lle adicou grandes ensaios a Cervantes.
Era un apaixonado mestre
de historia antiga e das relixións. Lázaro Carreter dixo que tiña unha
“inteligencia fastuosa”. Tamén admirado por Borobó ou Gonzalo Sobejano. O
presidente da Real Academia Galega non agocha os vicios. “Rendiu un culto
excesivo a Baco nas tabernas”.
No 38 Montero Díaz
cruzara a nado o Texo. Estivera refuxiado na embaixada,que el alcuma como alegación,
de El Salvador.Viña do marxismo pero combatía contra a República. Quedou fascinado
por Ledesma Ramos. Logo rompe co franquismo, non tanto co fascismo, e o
Generalísimo o desterra en Almagro.
Díaz impartiu a
conferencia “quijotismo y palomequismo” en Oviedo que hoxe se loa. ¿Quen é Palomeque? Tense dito que a
contrafigura é Sancho. Juan Palomeque,
alias El zurdo,é un personaxe esquecido. O venteiro aparece nos capítulos XVI e
XVII. No XVIII o escudeiro di que quen o manteou foi Palomeque. Pero ten rasgos
peiorativos este personaxe secundario con ribetes grotescos. Un adulador
“incapaz del amor y la sonrisa” ou “vasija humana rebosada de zafiedad y
rencor”. Palomeque é de natureza violenta como di a súa muller.Era afeccionado
ós libros de cabalería. Tiña libros como Don Cirongilio de Tracia e de
militares como O Gran Capitán ou Diego García de Pare-des. Canto más
fantásticos máis se lle gustaban. Cría que eran historias reais porque eran
autorizadas polo Consello Real.
No hay comentarios:
Publicar un comentario