miércoles, 9 de noviembre de 2016

Ourense

*Camilo Franco, terceiro convidado 
ao Filocafé do Cgac deste curso (6-11-2016) 

   Camilo inaugurou o pantano. Deixou apreciar un cadro de Miguel Mosquera titulado Crucecita. Pero os que o coñecemos sabiamos que non se quedaría nunha contemplación estética. “Son un Franco. Estou moi orgulloso do meu apelido. Non engano a ninguén”.
   Sarcasmo tras sarcasmo. “Fago ironía en todo porque a realidade non me gusta nada. Non acepto o discurso como definitivo. Case sempre estou medio de costas sobre as cousas”. Fai un monigote de si.“Son bruto de tendencia primitiva.Non se me ocorren ideas.Son bastante bo copiando”. Cóstalle unha barbaridade retornar ó discurso plano. Pero mantén un diálogo case íntimo cos oíntes presentes.“Os artistas e os escritores son mellores cando non teñen que falar”.

   Viaxa as súas orixes. “Coa miña nai teño unha relación estupenda. Non así co meu pai, que traballaba na construcción. Dicía que eu era bastante feminino”.

   “Son de Ourense de toda a vida.O propio de alí é vivir noutro sitio.Samil foi construido por nós gran a gran. Temos outro sentido do humor.Á defensiva. Somos repunantes, así sin g”.

 “Non se pode ir pola vida descoñecendo Ourense”.Na súa cidade“medran poucas cousas salvo a barba e pelo do Santo Cristo da Catedral.É hippy. A relixión está feita de material sobrante”.

  “Temos a única monarquía civil da península.Os Baltar.A provincia máis cementada do mundo Chega a tódolos sendeiros como a cobertura telefónica. É porque sufrimos cos pes mollados”.


   E proseguiu co seu listado de chanzas sobre os seus paisanos. A Adolfo Domínguez  gustábanlle as teas que non pasasen polo ferro.   “A Xeración Nós eran dúas persoas que vivían no mesmo edificio pero en dous andares diferentes. Ambos en bata”. Tamén lembra ao artífice da novela ourensá máis universal. “Blanco Amor sufriu unha sociedade que o castigaba. Aínda no 93 o director dun instituto dixo que era un escritor con pecaditos”. E ninguén lle rebatiu.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario