martes, 11 de octubre de 2016

Borobó


1ª Sesión do Ateneo de Santiago deste curso (3-10-2016)
adicada ao director e alma de La Noche
Participan Xesús Alonso Montero, Perfecto Conde Murais,
Raimundo García Paz e Juan Guitián

*Publicado en Tribuna Libre de El Correo Gallego (21 de octubre)

   “É a séptima convocatoria que se fai para lembrar o meu pai este 2016”, comenta un fachendoso Raimundo García Paz que herdou o oficio de xornalista. Pero houbo un máis no ano do centenario, un acto privado en Portonovo, que rescata o presidente da Real Academia Galega.


   Poucos o coñeceron por Raimundo García Domínguez. Era fillo de Víctor, o médico de Pontecesures. O seu can era Ravachol. Rematou o bacharelato en Pontevedra e estudiou Filosofía e Letras en Compostela, “máxima cidade” para Aurelio Aguirre. Militou na vangarda de esquerda republicana. Disfruta dunha beca para ir a Universidade de Verán de Santander no 36. Tralo 18 de xullo suspéndese a actividade e os alumnos marchan o seu lugar de orixe. Algúns prefiren ir a Madrid a defender a República. El participou como soldado na Batalla de Brunete, na toma de Villanueva de la Cañada e tamén en Levante.  
    Se afilia, xunto co seu amigo pontevedrés Celso, ós socialistas, o partido dos vencidos. Participará en reunións clandestinas ó longo da súa vida. É detido en Madrid. O principio se pide a pena de morte. Pasará no caldeiro, incluso en África, ata o 43.

   Colabora en xornais e revistas.Namorase de Carlota. Volta a Galicia no 46. Comeza a traballar en La Noche, único xornal vespertino. Antes era un medio máis conservador. Para Pousa “en La Noche aprendimos a ler, tamén entre liñas”. Crece no escalafón ata chegar, como lle ocorreu en El Correo Gallego, a director.A  alma do diario.“A xente lía o anaco de Borobó, as esquelas, as sucesos e logo o resto”lembra Juan Guitián que pasou das bodas de ouro co seu mellor amigo. Alonso Montero, sempre libertario, valora  a sutileza dos seus artigos para “criticar con pericia as consignas do Réxime. Sería suicida facer alegatos directos en prol do comunismo”.

   Cando o despediron dos xornais vai tristeiro a Madrid. Grazas a Blanco Tobío consegue tra-ballo na revista Chan. Era unha publicación undreground que apareceu no 69. Traballaban no sótano do barrio de Salamanca. Borobó creou unha sección de cartas, malia que non era moi afeccionado a elas, para responder ós lectores.   Máis manía lle tiña ós telegramas pois acostumaban traer malas novas. Recupera voces do exilio e dalle paso á xente nova. Colaboraban Valente, Novoneyra, Manuel María ou Celso Emilio.

   Un dos compañeiros nesa redacción,Perfecto Conde, recorda unha anécdota. “Era o google dos 60. Non era aficionado ó fútbol pero gañoulle unha aposta a Sarmiento, un galego que era redactor jefe do As”. E valora a súa cualidade de escolmar o espontáneo da realidade cunha linguaxe extraordinaria como en “Adán y Eva en autostop”. Nada e ninguén lle eran alleos.

   Bo e xeneroso. Desordenado,orgulloso e maniático.“Só escribía a man coa súa pluma Parker” e a moita velocidade. Con profundidade, capacidade crítica e dialéctica. Sorna e humor.O alcumado tamén como La Piñeira“foi o Tom Wolfe galego”.Cultivaba tódolos xéneros:teatro, biografías… Pero, ante todo, é xornalista. Uns 10.000 artigos en 60 anos. Sae a un cada dous días.


   Restaurou unha casa en Boiro e seguía organizando actos culturais. Acudía a outros por toda Galicia. Para atoparse con Sabino Torres,Maside,Pouselo, Díaz Pardo, Laxeiro ou Ben Cho Shey. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario