Sesión do Ateneo de Santiago (29-2- 2016)
Versión reducida publicada en El Faro de Vigo (2-3- 2016)
Versión reducida publicada en El Faro de Vigo (2-3- 2016)
Satisfaceunos a
presencia de Salvador Bodaño trala súa convalecencia por enfermidade. “Xa
pensei que non volvía”. Presentou ó mestre Justo Beramendi. A segunda visita do presidente do Padroado do
Pobo Galego ó Ateneo Compostelano. El quería falar das Irmandades da Fala.
Entre os
precedentes hai que citar o levantamento de Solís en 1846 que rematou coas
execucións de Carral. O coronel non era galeguista, nin sequera galego. Tamén a Vicalvarada, revolución iniciada
nese pobo madrileño en 1854 que desencadena o bienio progresista tras dez anos
de mandatos conservadores. Xa estaba creado o caldo de cultivo necesario.
O historiador
achéganos ós feitos indiscutibles que aportan as fontes. Murguía fixo o relato
uns anos despois. De oídas pois xa estaba en Madrid. Puido priorizar a
relevancia literaria á autenticidade.
Todo ocorreu o 2 de
marzo de 1856 no concello de Conxo.Hai dúbidas da ubicación exacta. Segundo as
pescudas de Quique Alvarellos celebrouse “nun bosque de carballos tralo
mosteiro”.
Estudiantes de Santiago confraternizaron cos
currantes; incluso lle serviron a comida. Un feito insólito.Non podemos dicir
que fosen obreiros senón artesáns porque en Santiago non había industria. Só
había catro ou cinco curtidorías en Pelamios e algunhas tendas de chocolate que
gustaba moito ós curas.Compostela estáncase e é adiantada por A Coruña como
primeira urbe.
Os estudiantes, de
mentalidade progresista e demócrata, eran habituais do Liceo de la Juventud, centro que collera o relevo da Academia
Literaria dos anos cincuenta.Ninguén discutía que no Estado houbera máis nación
que a española. De feito,moitos son á vez demócratas españois e provincialistas
galegos, algo que comezará a ser incompatible co Rexionalismo dos oitenta. Entre eles estaban Paz Novoa, Domingo Camino,
Luis Rodríguez Seoane… Hai grandes batallas sobre si estaría Rosalía.“Creo que
non”.Unha muller entre tanto home é difícil polo que dirán.
Os artesáns estaban
lonxe de calquera ideoloxía.O movemento obreiro era cero en Compostela. A I
Internacional de Londres sería oito anos despois. O que lle interesaba era a
liberdade, as diferenzas sociais… Se lle falaran da historia de Galicia sería,
sen dúbida, un rotundo fracaso.
Os versos do brinde
recitáronse en español. Era daquela a língua dos actos públicos e para falar de
política. Lembremos que nos Xogos Florais da Coruña de 1861 só hai aínda unha
composición premiada en galego, escrita por Francisco Añón. Do discurso de
Aurelio Aguirre en Conxo rescatamos algunhas proclamas; “Sol de la libertad
(…)no ha nacido para esclavo el hombre; Cristo es el hijo del pueblo. La media
pompa y el esplendor del trono. No hay más que una nación y un soberano.” Pondal, pola súa banda, arengou “brindo por
el pueblo soberano. No abandonéis el campo de pelea. ¿Quién hizo al hombre
diferente de su hermano? ¡Pueblo libre libérate!”.Galicia non aparece nos
versos.Curiosamente Castilla sí e un comunero como Padilla. Fálase dun pobo en
abstracto.
Houbo semanas de
rebumbio. Foi un gran escándalo na época polo carácter subversivo do acto nunha
cidade tan levítica. As autoridades tentaron castigar ós rebeldes. Dixeron
calumnias sobre o que se dixo, quixeron xulgalos pero non o conseguiron.
Quizais algún se retractou para salvalo pelexo. Foi moi crítica a prensa de
dereitas como El Sur ou El Restaurador de Pontevedra. E
estiveron do seu bando La Discusión
ou La Oliva, xornal de Lugo promovido
polos irmáns Chao. Demostrouse que os brindes eran constitucionais.
Logo mitificouse.
“Un mito sano”. Pero en realidade foi flor dun día. Non tivo consecuencias
inmediatas. Non xurdiu ningunha organización política. Nin sequera unha folga.
“A maioría seguiron traballando como cabróns”. Os señoritos foron cada un polo
seu lado. Aguirre botouse ó mar en Riazor; Rodríguez Seoane pasouse á
Democracia Española…
No hay comentarios:
Publicar un comentario