jueves, 17 de marzo de 2016

Anatomía de Joyce


O autor Suso de Toro desmitifica o Ulysses

   “Lin Ulysses porque o tiña que facar polo meu crecemento como escritor” confesa Suso de Toro.  “Joyce é unha figura que se constitue como autor en solitario de forma admirable como Valle Inclán”. O autor irlandés, que peregrinou por Roma, París e por Trieste, sempre mantivo unha especial relación co seu país. Pero non escribiu en gaélico senón en inglés.

   Joyce parasitou a críticos como Ezra Pound e editores como a coñecida Librería Shakespeare and Company. O propio Samuel Becket foi o seu secretario. Un dos seus alumnos foi Italo Stevo, romancista xudeo que sen ter ambición de facer carreira literaria fai disfrutar ó lector. Ao rematar a magna obra Joyce alardeu “agora os críticos teñen traballo para cen anos”. Así pervertiu a relación cos seus lectores”.  Pero a súa obra foi máis un éxito de crítica e de mecenas que de público.

   Joyce fíxose famoso polo fluxo de conciencia. Hai parágrafos “sen puntos, pausas nin comas”. Pero cada capítulo do Ulysses ensaia unha cousa distinta. “Sempre me pareceu unha obra fallida” afirma categóricamente o galego.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario