lunes, 23 de marzo de 2020

Vinte anos non é nada


*Presentación de A herba de namorar en Librería Numax
María do Cebreiro estivo acompañada de Ismael Ramos e Berta Dávila (10-X-2019)


*Fotografía de La Voz de Galicia

   “A antoloxía paréceme un xénero moi rancio e monumental; resistín canto puiden. Non me gusta mirar atrás,non quería relerme e tiven que facelo. A memoria non existe, existe o esquecemento”.

   “Para mín a escrita é disidencia. Disfrutei de perder o control no proceso de escribir poesía. Creo na experimentación, hai que xogar, ir ós limites. Admiro o humor porque ser moi solemne demostra pouca intelixencia”.

   Confesa ter aprendido tres cousas da poesía. “É fuxidía, como o amor. Canto máis a buscas máis escapa. É unha sensación de romper augas cando chega e outras veces son como pequenos abortiños”.  En segundo lugar, é contraria da violencia e a dominación. Crear o que non existía. E, por último, non é un refuxio ou un abeiro senón un lugar á intemperie.

   A herba de namorar é un libro novo e vello ó mesmo tempo. Abre e cerra con poemas do primeiro libro, O estadio do espelloPedín xogar a bico, verdade ou consecuencia pero non me deixaron.  

“Xoguei moitas barallas, quería diversidade”. Tiña que haber cincuenta e de tódolos libros.Ela prefería descartar máis.“Quedaría con cinco ou dez que me encantan e son boísimos”. Cre que agora brillan máis “os eucaliptos”de Os Hemisferios. “A vaca” fala da historia familiar.

   Rescatou algún dos seus poemas longos; “nalgún momento necesitei esa lonxitude porque precisaba respostas; teñen un ton máis narrativo, son máis historias, xa non estou aí”.

   No prólogo fala de anos perigosos. “Soa aos poemas de Daniel Salgado”.Foi una expresión de Ismael Ramos, o editor. “O perigo é o que nos forma e nos fai aprender. Pero agora a nivel vital cheguei a un lugar onde quero estar. A escritura non é o máis importante do mundo. Non dou por feito que vaia seguir escribindo. Libérame pensar así. Por agora é a miña maneira de vivir”.

1 comentario: