IV Xornadas de Novas Narrativas.
‘Banda Deseñada Galega e Intermedialidade’.
Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia (8-V-2019)
*Xavier Alcalá fala de A nosa cinza con Manel Cráneo
‘Banda Deseñada Galega e Intermedialidade’.
Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia (8-V-2019)
*Xavier Alcalá fala de A nosa cinza con Manel Cráneo
“Non somos animais
falantes senón fabulantes. Contamos e reconstruimos,incluso dun modo
inconsciente cando soñamos”. Os seus argumentos nacen na ducha. Influe o que
escoitou, viu... e logo engádelle a súa propia vivencia. A fala é o instrumento fundamental da
comunicación. Manuel Rodrigues Lapa dixo que “estilo é capacidade de
suxestión”. E Uxío Novoneyra contoulle
a Alcalá que “poeta é o que escribe do que lle sobra”.
Nas películas de
guerra fáltalle o cheiro a pólvora. Os bos narradores teñen que conseguir que o
lector se mergulle na escena. “A prosa para min é a arte excelsa. Un narrador
menor é o que non é quen de redondear 300 ou 400 páxinas. O Don Quijote nunca o puiden fumar, é unha
trapallada.Os Maias de Eça de Queirós
é unha obra universal; cada peza é unha opera”.
En A nosa cinza un neno descobre a vida en
dez anos. O problema de levalo ao cine é ter un protagonista que pase dos sete
ós dezasete anos. A ficción histórica
remata deixando o lector desconcertado. Pecha un ciclo de vida.
Moitos pensaron que
xa estaba ben de ruralidade e de mariñeiros, que tamén existen. Aquí se
retrata, por primeira vez en Galicia, a un neno burgués. Hai unha pasaxe que
fala da primeira comuñón. O rapaz estaba engaiolado polo sistema. “Igrexa e
exército comulgaban xuntos”. Recoñece Xavier que ata o ano 61 cantou o Cara el Sol tódolos días. Dicía o seu
pai que non podían fusilar a tódolos médicos porque quedarían sen sanadores.
O pai é un médico
viúvo. Ten unha muller que o axuda e moitos fillos. A familia está fragmentada,
metade de esquerdas, metade de dereitas. É unha obra coral. Os personaxes gañan
e perden peso, teñen maior protagonismo os masculinos.Son moitas
microhistorias.
Está ambientada en
Ferrolterra:Cabanas, Pontedeume... Ferrol , aínda con tranvía, nunca se
nomea. Non había CocaCola; “chegou cando
eu tiña 16 anos”. Bebíase whisky a pelo.
Hai quen a
denunciou por pornográfica. Ramón Piñeiro pensou que non pasaría a
criba da censura. Ten cousas que hoxe serían un escándalo.Un menor deitándose
cunha adulta. Que fumen con trece anos arestora só se acepta se é parte central
da trama. “Xuntabámonos para matar gatos
con varillas de paraugas porque nos daban noxo. Cos cans non”.
Escolleron Merlín e Familia e A nosa cinza para facer novelas gráficas. “Cando se puxo de moda o
realismo máxico xa había aquí un tipo inconsciente que meteu a Merlín nos
montes de Meira. Eu podo ser talentoso pero Cunqueiro, que estaba como unha
cabra, era xenial”.
Manel Cráneo, “que
ten un humor acedo tremendo” leva tres anos preparando a versión en banda
deseñada. “Agora e súa e non é a miña”di un Alcalá que asume a
reinterpretación. Alfredo Ferreiro, que non e afeccionado ó cómic, encárgase do
guión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario