*Lito Vila Baleato defende Campus Morte
na libraría Os mundos de Carlota (19-VII-2018)
Morriña do vivido.
Lito Baleato é de San Pedro. O Centro Xuvenil de Don Bosco foi a súa segunda
casa. Reuníase cos amigos nun baixo da rúa dos Lagartos para tomar unhas copas.
Mellor iso que botellón na rúa. Estudou filoloxía no Campus Norte e gozou a movida dos noventa.
Xa de neno sentiu
atracción polos libros. Impactoulle a lectura de Crime en Compostela. A crítica respetou moito a súa opera prima. Ramón Nicolás e Ameixeiras
escribiron cousas fermosas. Sempre bebe dos autores de novela negra. “Gústame
máis Diego que Suso de Toro”.
Cando tivo ós
mellizos puido adicarse tres semanas enteiramente a escribir. “En Alemaña os
permisos de paternidade son moi bos”. En total, case dous anos para crear Campus Morte.
O protagonista é un mestre en Alemania,non é un alter ego. Sitúao en Hannover para
distanciarse del, asentado en Paderborn. Bautizou a Iago Miranda co nome do
seu fillo e o apelido do proxenitor,ó que lle adica a novela.Fíxolle unha
homenaxe a Rabudo,Nacho Mirás, xornalista que finou por cancro, como o seu pai.
E un guiño ó irmán pequeno,admirador de Los
Suaves.
Barreiro e Liñares
son policías corruptos e incompetentes. Así enfatízanse as virtudes do
profesor. É estraño que un destes axentes da lei cite a Castelao.
O punto de partida é
o crime tres lustros atrás dunha rapaza alemá na Carballeira de San Lourenzo.Era
estudante de Erasmus,como o foi Baleato. A ubicación do cadáver procede dunha
anécdota verdadeira. De adolescente tivo un ligue
na disco Liberty, como moitos de nós, e acompañou á moza ata a súa casa. Lembra
sentir moito medo cando retornaba só por aquel parque de madrugada. Pero, na
ficción, cando regresa Iago á capital universitaria tamén aparece morto o seu
amigo Martín Cerqueiro, que recibiu con agarimo o apelido do avó do
escritor.
“O Hospital de
Galeras pedía a berros falar del”.
Díxolle Pedro Feijoo, ansioso de que indagara máis no ruinoso edificio,
que “guindou a pedra e escondeu a man”. Tras falar unhas horas co escritor
vigués en Barcelona deulle algún consello a Lito. “Na vida real poden pasar
cousas que non son cribles, na novela non; hai que darlle unha explicación”.
É lixeira,de lectura rápida e capítulos
breves.”Pretendidamente así”.Ó principio quería presentala ó concurso de novela por entregas de La Voz de Galicia. Axiña percatouse de
que se excedía. O final é abrupto. “Quería manter a tensión”. Hai quen bota de
menos vinte páxinas máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario